MEDIO AMBIENTE

A Deputación da Coruña súmase ao apoio á campaña "Vota Carballo"

10/02/2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o Carballo de Conxo xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para amosar o apoio do ente provincial á campaña "Vota Carballo", na que este exemplar se xoga ser a Árbore europea do 2022. Tamén estiveron na visita os concelleiros de Medio Rural, José Manuel Pichel, e de Medio Ambiente, Mila Castro, e o deputado provincial Antonio Leira.

Leer más

SMARTIAGO

Os primeiros datos do proxecto CromaLux reflicten unha significativa "inhibición da colonización biolóxica na Casa do Cabildo" cumpridos tres meses de ensaio

09/02/2022

O proxecto CromaLux de iluminación intelixente en fachadas e monumentos históricos de Santiago, que forma parte do programa Smartiago do Concello de Santiago, cumpre tres meses de ensaio na Casa do Cabildo, cuns primeiros resultados positivos sobre a inhibición da colonización biolóxica, que se suman aos do patio do antigo cárcere do Pazo de Raxoi, onde outro ensaio das mesmas características comezou fai oito meses.

Leer más

SMARTIAGO

Los primeros datos del proyecto Cromalux reflejan una significativa "inhibición de la colonización biológica en la Casa do Cabildo" cumplidos tres meses de ensayo

09/02/2022

El proyecto CromaLux de iluminación inteligente en fachadas y monumentos históricos de Santiago, que forma parte del programa Smartiago del Concello de Santiago, cumple tres meses de ensayo en la Casa do Cabildo con unos primeros resultados positivos sobre la inhibición de la colonización biológica, que se suman a los del patio de la antigua cárcel, donde otro ensayo de las mismas características comenzó hace ocho meses.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O Concello anima ás empresas locais a apoiar a campaña #1Voto1Árbore

09/02/2022

O Carballo de Conxo está a competir durante este mes de febreiro no certame Tree of the year para converterse na árbore europea de 2022. No marco desta campaña o Concello de Santiago anima as empresas que forman parte da rede de Talentia Summit a impulsar a candidatura do Carballo do Banquete de Conxo e así promover a sustentabilidade.

Leer más

EDUCACIÓN

Aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Entroido nas Escolas Infantís Municipais

08/02/2022

As Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, ofertan para este Entroido un total de 34 prazas dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 8 anos. Os Obradoiros de Entroido convértense así un ano máis nunha proposta lúdica de calidade para os máis pequenos da casa ao tempo que se favorece a conciliación da vida familiar, laboral e persoal das familias nos períodos extraescolares.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba o procedemento para seleccionar á entidade que xestionará os Bonos Corazón Concheiros-San Pedro

08/02/2022

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, áprobou a convocatoria do procedemento de concorrencia para a selección da entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da contorna da rúa dos Concheiros, a través dos Bonos Corazón Concheiros-San Pedro. Estes bonos contan cun orzamento de 75.000 euros, e a previsión é que estean operativos a partir do 26 de febreiro, coincidindo co Entroido. A súa...

Leer más

POLÍTICAS DE IGUALDADE

Comunicado rexeitando o concerto de Kaydy Cain e condenando as mensaxes das súas cancións

08/02/2022

A concellaría de Políticas de Igualdade do Concello de Santiago, así como os grupos municipais de PSdeG, Compostela Aberta e BNG, manifestamos a nosa repulsa ao concerto que o cantante de trap, Kaydy Cain, ten previsto dar este xoves; ao considerar que as letras das súas cancións son vexatorias e denigrantes para as mulleres. Estamos en contra de calquera cultura audiovisual e musical, como neste caso, que agrede violentamente ás mulleres e a súa dignidade.

Leer más
Compartir: