CULTURA

María Adánez, José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rús presentan en Santiago "Insolación", de Emilia Pardo Bazán

17/06/2015

María Adánez, José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rús estarán este xoves en Compostela con Insolación, de Emilia Pardo Bazán. Dirixidos por Luis Luque chegan da man da Compañía Miguel Narros e Producciones Faraute. Poderemos velos a partir das 20:30 horas no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Teatro 2015. As entradas teñen un prezo de 22 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 e en entradas.abanca.com....

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Publicadas as listaxes de admitidos no sorteo de prazas das Mañás de Verán nos CSC de Vite, Conxo, Fontiñas e Santa Marta

16/06/2015

O pasado 11 de xuño rematou o prazo para preinscribirse nas actividades matinais previstas para o mes de xullo nos centros socioculturais no marco da iniciativa "Mañás de verán e de xogo", integradas no programa Vive o Verán 2015. Ao ter recibidas máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 18 de xuño para adxudicar as prazas definitivas dos centros socioculturais de Vite, Fontiñas, Conxo e Santa Marta.

Leer más

CULTURA

Leiva celebrará este venres en Santiago a entrega de dous discos de ouro polos seus últimos traballos en solitario

16/06/2015

Leiva preséntase en Santiago tras máis de cen concertos celebrados presentando o seu disco Pólvora, unha xira con case a metade dos concertos colgando o cartel de entradas esgotadas. Santiago de Compostela foi unha das cidades que Leiva quixo pisar para despedirse dos escenarios temporalmente e o concerto deste próximo 19 de xuño servirá para estreitar máis aínda os lazos afectivos que se crearon entre Leiva e a capital galega. Trátase dunha cita imprescindible dentro do ciclo Compostela Rock.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca a "transversalidade" das novas áreas de goberno e a "solvencia profesional" dos seus nove responsables

15/06/2015

O alcalde compostelán, Martiño Noriega, presentou en rolda de prensa o reparto de áreas do novo Goberno local, acompañado polos outros nove integrantes do mesmo. A distribución de competencias, dixo, responde a unha filosofía de "cooperación e transversalidade" e a unha vocación de propiciar a participación dunha "cidadanía activa" na toma de decisións.

Leer más

ALCALDÍA

Martiño Noriega quere recuperar "o perfil, o latexo e o prestixio" da cidade

13/06/2015

Martiño Noriega tomou posesión como novo alcalde de Santiago de Santiago de Compostela. Na súa intervención tras recibir o bastón de mando e prometer o seu cargo, solicitou á Corporación que sexa capaz de apostar polo "común denominador" en beneficio da cidade. Así, demandou que, máis alá das dinámicas partidarias e "dende o diálogo, a diferencia e a pluralidade", a cidade poida "recuperar o seu perfil, o seu latexo, o seu prestixio, e exercer como capital dun país que se...

Leer más

FACENDA

A rebaixa no tipo impositivo do IBI suporá neste 2015 un aforro medio de 60 euros no recibo dos contribuíntes composteláns

12/06/2015

O concelleiro de Facenda en funcións, Ramón Quiroga, ofreceu os últimos datos dispoñibles da campaña de cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que afectará a 45.000 contribuíntes e na que se tramitarán 90.000 recibos. A rebaixa do tipo impositivo ata o 0,54% suporá un aforro medio de 60 euros nos seus recibos para os contribuíntes composteláns.

Leer más

SEGURIDADE E MOBILIDADE

A Policía Local disporá dunha nova web de servizo público con información sobre mobilidade en tempo real

12/06/2015

O concelleiro de Seguridade e Mobilidade en funcións, Alejandro Sánchez-Brunete, presentou a nova web da Policía Local, que entrará en funcionamento en vindeiros días. Acompañado polo inspector Francisco García e pola oficial Diana Parente, detallou as características dunha web que incorporará diversa información de servizo público e sobre a mobilidade na cidade.

Leer más
Compartir: