FESTAS
A feira cabalar e os concertos de Myles Sanko e Eladio y los Seres queridos protagonizan o xoves de Ascensión
O Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio) acolle no día da Ascensión a tradicional feira cabalar, pola que en 2016 pasaron arredor de 20.000 persoas. Ás 10:00 horas é a apertura de inscricións nos concursos morfolóxicos puntuables para a Copa Galicia de Pura raza Galega 2017 e nos concursos de cabalos e eguas cruzados e percheróns. A esta cita acudirá o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
TURISMO
Santiago acolle este sábado un novo desfile das tropas imperiais de Star Wars
Máis de 250 persoas caracterizadas como personaxes de Star Wars, a súa maior parte como soldados imperiais, desfilarán este sábado pola tarde polo Casco Histórico de Santiago. Será o terceiro desfile organizado en Santiago pola Tropa Korriban, a asociación de afeccionados de Star Wars de Galicia.
CONSORCIO
O Consorcio e Galaxia publican un libro con dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares sobre Compostela
Baixo o título Santiago de Compostela, a cidade do milagre, o Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia acaban de publicar un libro que reúne dous textos pouco coñecidos de Carlos Casares, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A publicación preséntase esta tarde na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas. Ao acto asistiu o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de...
LINGUA
O Teatro Principal de Ourense acolle este venres o acto de Entrega de Premios de Youtubeir@s
O Teatro Principal de Ourense acolle este venres, a partir das 20:00 horas, a gala de entrega dos Premios Youtubeir@s. Este concurso de vídeos na rede é unha iniciativa dos servizos de Normalización Lingüística de once concellos galegos, entre eles o de Santiago, e das tres universidades.
POLÍTICAS SOCIAIS
Santiago e outras sete cidades do Estado rexeitan o proxecto de lei estatal sobre pobreza enérxetica
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu esta mañá en Barcelona a un encontro con outras cidades do Estado para reclamar un novo modelo para combater a pobreza enerxética.
ACCIÓN CULTURAL
Actividades para nenos/as e as súas familias no marco da SELIC
A primeira edición da Semana do Libro de Compostela, SELIC, que se celebra na praza da Quintana do 2 ao 11 de xuño, tamén contará con actividades para toda a familia.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Certame de Danza Intercentros leva un ano máis a escena o traballo escolar nesta disciplina
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou, acompañado da profesora de danza Beatriz Viñal, o XII Certame de Danza Intercentros, Compostela en danza, que se celebrará o domingo 28 de maio, ás 19:00 horas, na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia. Uns 170 bailaríns e bailarinas dos centros de seis centros de ensino participarán nesta edición.
MOCIDADE E FESTAS
Dúas propostas dos orzamentos participativos da área de Mocidade, no programa da Ascensión
A concelleira de Mocidade presentou hoxe dúas das propostas incluídas na programación da Ascensión, saídas dos orzamentos participativos na área de mocidade. Trátase do Festival de Músicas do Mundo, que se celebrará o xoves 25 na praza do Toural, e do Cancelas Fest, previsto para o venres día 26 no barrio das Cancelas. Noa Morales salientou que "nas festas máis picheleiras ten todo o sentido que sexan os propios composteláns e compostelás os que decidan que programación queren".
IGUALDADE E FACENDA
Santiago de Compostela participará en proxectos europeos por valor de 4,6 millóns de euros
O Concello de Santiago participará no proxecto Wom@rts: Women’s Equal Share of Presence in the Arts and Creative Industries, da Comisión Europea, cuxo obxectivo é loitar contra a desigualdade de xénero no campo das artes e a cultura. Ademais o Concello vén de obter fondos por valor de 172.000 euros, ao ser aprobado pola UE o proxecto Atlantic Social Lab. Así o anunciaron este martes as concelleiras de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e de Economía e Facenda, María Rozas.
REPULSA
Minuto de silencio e bandeiras a medio mastro polo atentado de Manchester
Corporación e traballadores/as municipais gardaron esta mañá un minuto de silencio en respulsa polo atentado acontecido esta pasada noite en Manchester.