IGUALDADE E MEDIO RURAL

O Centro Cívico de Busto acolle o vindeiro 29 de marzo o segundo Encontro de Mulleres do Rural

21/03/2019

O vindeiro venres 29 de marzo terá lugar no Centro Cívico de Busto o II Encontro de Mulleres do Rural, enmarcado dentro das accións que organiza o Concello polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. O encontro foi presentado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, a encargada de desenvolver as actividades, Cruz Dafonte, e dúas das mulleres participantes.

Leer más

ESPAZOS CIDADÁNS

O Goberno propón modificar o PXOM para rebaixar a edificabilidade da Finca do Espiño a 2.000 metros cadrados

20/03/2019

O Goberno levará ao Pleno ordinario do próximo xoves, de cara á súa aprobación inicial, a proposta para a modificación puntual do PXOM e do Plan Especial na Finca do Espiño. O documento propón rebaixar a superficie edificable do ámbito a 2.000 metros cadrados, fronte aos 10.500 previstos na actualidade. Esa edificabilidade estaría permitida nun único volume, e dándolle continuidade ao tecido construído da rúa do Carme de Abaixo.

Leer más

DEPORTE

"A Cidade do Futsal" alcanza a súa sexta entrega os días 30 e 31 de marzo

20/03/2019

Este mércores presentouse na sala Eisenman da Cidade da Cultura a VI edición do torneo A Cidade do Futsal, o evento de referencia de fútbol sala de base en Galicia, que se celebrará os días 30 e 31 de marzo na Cidade da Cultura. No acto participaron a concelleira de Deporte, Noa Morales; a xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez; a xerente de Servizo de Viaqua, Ana Tejeiro, e o presidente do Santiago Futsal, Ramón García.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello valora a denuncia da Fiscalía contra a planta de Miramontes

20/03/2019

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantiveron este mediodía unha xuntanza coa Plataforma de Miramontes, dentro dos contactos reiterados que está a haber para buscar unha solución ante a situación creada na canteira da Grixoa. Na reunión valorouse positivamente a decisión de Fiscalía de querelarse contra o vertedoiro.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Trinta alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro visitarán Vila Real no programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico

18/03/2019

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe dos detalles do programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico, impulsado polo Concello de Santiago e o de Vila Real. A actividade está dirixida a escolares de 5º e 6º de primaria, e nesta primeira edición participarán 30 alumnos e alumnas do CEIP López Ferreiro. Na rolda estivo o director do centro, José Ramón Carril; a profesora que acudirá aos intercambios, Carmen Montero, e dous escolares, Lara e Xián.

Leer más

ALCALDÍA

O Xardín das Pedras que Falan incorpora cinco novos autores e autoras

18/03/2019

O Xardín das Pedras que Falan lembra dende hoxe a cinco novos autores e autoras. Trátase de Marta Pessarodona, Kerstin Hensel, Zéno Bianu, Bernardo Atxaga e Ramón María del Valle-Inclán. As pedras cos seus textos foron descubertas este mediodía, nun acto presidido polo alcalde, Martiño Noriega; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, e o autor do proxecto, Suso de Toro.

Leer más
Compartir: