TRANSPORTES
Os 401 usuarios de Combici realizaron 2.794 viaxes nos primeiros seis meses do servizo
O Servizo de Aluguer de Bicicletas do Concello, Combici, xerou 2.794 desprazamentos nos seus primeiros meses de funcionamento. O balance fala dunha progresiva implantación deste medio de transporte como alternativa para a circulación pola cidade.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente edita un folleto que explica a evolución da auga ao longo da historia da nosa cidade
A concelleira do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, presentou un despregable sobre a historia da auga na cidade. Acompañárona na presentación Mercedes Vázquez, redactora e coordinadora da edición, e Paula Piñeiro, delegada de Aquagest para área de Santiago, entidade que na actualidade se ocupa da xestión da auga na cidade. O folleto, do que se editaron 10.000 exemplares, será distribuído nos centros educativos, centros socioculturais, asociacións veciñais e tamén nos...
CULTURA
"Emma" abre a programación do ciclo Teatro e Danza en Xira para 2009
A obra teatral Emma abrirá, o venres 27 de marzo, unha nova edición do ciclo Teatro e Danza en Xira, que traerá a Santiago algunhas das representacións máis salientables do panorama español. Serán seis espectáculos que chegarán nos meses de marzo, abril, maio, xuño, setembro e decembro.
ALCALDÍA
O Concello únese á campaña da Fundación +árboles para reverdercer o Camiño con sementes de nendo dango
A Fundación +árboles vai repartir ao longo do Camiño de Santiago e a partir do mes de outubro 150.000 bolsiñas de nendo dango (bola de arxila), co obxecto de reverdecer este itinerario. O Concello de Santiago únese a esta iniciativa e ofreceu á Fundación plantar unha superficie da cidade tamén con esta técnica, tal como a entidade fixo xa en Leganés ou Cornellá.
CONSORCIO
Visita ás escavacións arqueolóxicas no edificio do Banco de España
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, realizou unha visita ás escavacións que se están a realizar no edificio do antigo Banco de España, acompañado por técnicos da entidade e xornalistas. Nas mesmas, puideron observarse os restos descubertos da muralla da cidade do século X.
URBANISMO
A execución orzamentaria de EMUVISSA achegouse ao 106% en 2008, superando os 32 millóns de euros
O Consello de Administración de EMUVISSA, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acordou formular as súas contas anuais do exercicio de 2008, aprobar o informe de xestión e formular unha proposta de aplicación do resultado. Este último preséntase cun beneficio despois de impostos de 1.500 euros.
TURISMO
As pernoctacións en Santiago medran un 10,7% en febreiro fronte á baixada do 15,5% no conxunto de España
O número de pernoctacións en Santiago no mes de febreiro foi de 68.902, cunha suba do 10,7% respecto das 62.210 do mesmo mes do ano 2008, segundo os datos do INE. Santiago obtén estes datos nun entorno de crise económica internacional que está a afectar fortemente ao sector turístico. Así, no conxunto de España as pernoctacións reducíronse neste mes un 15,5% e en Galicia un 16%. No acumulado do ano Santiago suma 127.504 pernotacións, un 6,8% máis que nos dous primeiros meses do 2008.
ALCALDÍA
O alcalde promete a colaboración do Concello na implantación das liñas de ferrocarril de proximidade
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu aos representantes da Asociación de Amigos do Ferrocarril encabezada polo seu presidente, Carlos Abellán. Na xuntanza estiveron presentes o alcalde de Padrón, Camilo Forján, e o concelleiro delegado de Transportes, Carlos Nieves.
ALCALDÍA
O Concello quere dedicar nomes de rúas aos catro primeiros alcaldes da Democracia
O 3 de abril cómprese o trixésimo aniversario das primeiras eleccións municipais democráticas. Con tal motivo, o alcalde anunciou que é intención do Concello render homenaxe aos catro primeiros alcaldes da Democracia designando cos seus nomes catro rúas da cidade.
ALCALDÍA
Atopados restos da muralla do século X no soto do futuro Museo da Cidade
A preparación das obras do futuro Museo da Cidade, no edificio do Banco de España, deixou un valioso achádego: os restos da muralla da cidade construída alá polo século X. O alcalde considera que este descubrimento é unha boa noticia, pois será un atractivo máis do museo. Non obstante, isto obrigará a modificar o proxecto.