CULTURA
Hindi Zahra, a nova voz da música global, presenta "Handmade" en Sons
O sábado 16 temos unha nova cita con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será a partir das 21:00 horas da man da nova voz da música global, Hindi Zahra, que presenta Handmade. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.
EDUCACIÓN
As agrupacións da Escola Municipal de Música interpretan "Os nenos do coro"
O Auditorio de Galicia acollerá o venres 15 de abril, a partir das 19:00 horas, un concerto especial da Escola Municipal de Música, titulado Os nenos do coro. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, deu conta dos detalles desta actuación, na que participarán unhas 200 persoas, entre profesores e alumnos.
EMPREGO
Apróbase o Pacto Local polo Emprego cunha solicitude de subvención de máis dun millón euros ao Fondo Social Europeo
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, anunciou en rolda de prensa que a última Xunta de Goberno aprobou o Pacto Local polo Emprego de Santiago e acordou solicitar, a través do Ministerio de Administracións Públicas, unha axuda de 1.1404.000 euros ao Fondo Social Europeo, para un importe total do proxecto de 1.380.000 euros.
URBANISMO
Emuvissa aproba o prego para a execución da urbanización do SUNP-11 do Castiñeiriño
O Consello de Administración de Emuvissa deu o visto bo ao prego para o concurso de execución das obras de urbanización do SUNP-11. Deste xeito vaise continuar a urbanización do polígono residencial situado no Castiñeiriño que estaba pendente dende maio de 2010 cando se resolveu o contrato de execución pola suspensión temporal das obras de edificación dende 2009.
CONSORCIO
O Consorcio realiza traballos de conservación na igrexa de Santa María Salomé
O Consorcio de Santiago, no marco das súas políticas de recuperación do patrimonio histórico da cidade, comezou diferentes traballos de conservación na igrexa de Santa María de Salomé, situada na rúa Nova.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co saínte almirante do arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolíbar
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi co almirante do arsenal militar de Ferrol, Santiago Bolíbar, con motivo da súa marcha a Rota para exercer o cargo de almirante da Flota da Armada.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba a inclusión de tres inmobles no Rexistro de Soares
Na súa sesión ordinaria semanal, a Xunta de Goberno aprobou ditar a orde de inclusión no Rexistro de Soares e Edificacións que cómpre rehabilitar de tres inmobles, situados na rúa dos Loureiros (nº14), na praciña das Penas (nº 5) e na rúa de San Roque (nº 23).
TURISMO
A Asociación Hostalería Compostela acolle o proceso de preselección das tapas preinscritas en "Santiago(é)Tapas"
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e os presidentes da Asociación Hostalería Compostela, José Antonio Liñares e Xesús Sordo, visitaron o local da asociación, onde entre o luns e o mércores desta semana os establecementos preinscritos na cuarta edición de Santiago(é)Tapas prepararán as súas receitas, que serán valoradas por un xurado de preselección, que ten por obxectivo garantir a calidade de todas as tapas que participen no concurso.
ALCALDÍA
A Semana Santa consolídase como polo de atracción para turistas e veciños
As dezaseis procesións previstas, o Festival de Músicas Contemplativas e os eventos con motivo do 800 aniversario da Catedral de Santiago enchen de contidos unha nova edición da Semana Santa en Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde recorda o antigo hospital de San Lázaro como forxador do carácter "humilde e solidario" deste barrio compostelán
Celebrouse en San Lázaro a segunda xornada da Festa da Uña. O Concello vén colaborando na recuperación desta tradicional romería. Este ano, ademais, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi o encargado de pronunciar o pregón.