ALCALDÍA

O alcalde sumouse ao Camiño da Diversidade

25/04/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no xantar organizado no Monte do Gozo pola Fundación Ingada. Máis tarde, uniuse á parte final do percorrido do Camiño de Santiago, que nesta ocasión se transformou nun Camiño da Diversidade, ata chegar á praza do Obradoiro.

Leer más

ALCALDÍA

Monicreques xigantes protagonizaron unha innovadora versión de "Romeo e Xulieta" coa Real Filharmonía de Galicia

25/04/2015

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebrou un concerto familiar na Cidade da Cultura, baixo a dirección do mestre romanés Mihnea Ignat. A formación estivo acompañada nesta ocasión da compañía Títeres Per Poc para representar fragmentos de Romeo e Xulieta. O alcalde compostelán, Agustín Hernández, achegouse ata o Museo Centro Gaiás para asistir ao concerto.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello porá en marcha un protocolo para o control das colonias de gatos

24/04/2015

O Concello de Santiago vai aplicar un protocolo o control e salubridade das colonias de gatos no municipio. Así o acordou a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria deste venres. Neste documento, apuntou o alcalde, Agustín Hernández, "propóñense diversas medidas na procura de integrar de forma efectiva na convivencia cidadá a existencia de gatos que viven en estado de liberdade, co obxectivo de agrupalos en colonias para facilitar a súa alimentación e controlar a súa reprodución e salubridade".

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello recibe 200.000 euros para a contratación de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social

24/04/2015

A Xunta de Goberno acordou aceptar unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar para a contratación temporal de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA para o ano 2015. Grazas a estas axudas, por un importe total de 201.018 euros, o Concello contratará catro técnicos de programas, nove administrativos, cinco conserxes e dous peóns.

Leer más

CULTURA

Concerto da Banda Municipal de Música coa colaboración de Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia

24/04/2015

A Banda Municipal de Santiago e a Real Filharmornía de Galicia unen forzas para ofrecer a todos os melómanos de Compostela un concerto moi especial. A Banda ofrecerá, dentro do seu concerto dominical, a obra A double bass fantasy, do compositor catalán Moisès Bertran, acompañada por Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía. Esta obra foi composta por solicitude do contrabaixista húngaro Ivan Stankov e foi estreada en xaneiro de 2014 na cidade de Barcelona.

Leer más
Compartir: