ACCIÓN CULTURAL

O pianista Francesco Tristano, protagonista do concerto do mércores 28 nas Xornadas de Música Contemporánea

27/10/2015

O pianista Francesco Tristano será o protagonista das Xornadas de Música Contemporánea o mércores 28 de outubro, no que será o penúltimo concerto do ciclo. Poderemos escoitalo a partir das 20:30 horas no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. As entradas son de balde previa retirada de invitación no despacho de billetes do Teatro Principal (no horario habitual, de 18:00 a 21:00 h) ou dende unha hora antes de que comece o concerto no propio Paraninfo da Universidade.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Mark Olson presenta este domingo o seu novo traballo dentro do ciclo Sons

27/10/2015

Mark Olson, fundador, cantante, guitarra e co-autor dos éxitos da banda The Jayhawks presenta en España Good Bye Lizelle, o seu revelador álbum de 2014, xunto con Ingunn Rongvold e o gran harmonicista español Juan Blas Becerra. Será o domingo 1 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Sons. As entradas para o concerto, a 10 € anticipada e 12 € o día do concerto, poden mercarse no despacho de billetes do Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Leer más

IGUALDADE

O Concello de Santiago condena os últimos crimes machistas e garda un minuto de silencio en memoria das vítimas

26/10/2015

O Concello de Santiago expresou hoxe a súa condena aos últimos asasinatos machistas, que lle custaron a vida a tres mulleres en Tenerife, Málaga e na localidade pontevedresa de Ponte Sampaio. Fíxoo gardando un minuto de silencio este mediodía na praza do Obradoiro, dándolle cumprimento así á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro. No que levamos de ano, 39 mulleres foron asasinadas por homes cos que tiñan ou tiveran unha relación sentimental, cinco delas en Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello e a Fundación Ingada estudan fórmulas de colaboración

26/10/2015

O alcalde de Santiago amosou hoxe a súa vontade de colaborar na sensibilización da sociedade en todo o que ten que ver coa TDAH, o Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade. Foi no transcurso da reunión que Martiño Noriega mantivo este mediodía cos responsables da Fundación Ingada, co seu presidente, Ángel Carracedo, á cabeza. O rexedor compostelán gabou o traballo que desenvolve esta entidade, única deste tipo no conxunto do Estado.

Leer más

MOCIDADE

O VIII Certame MúsicaXove impulsará un ano máis a artistas emerxentes que desenvolvan a súa actividade en Galicia

26/10/2015

A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou esta mañá a VIII edición do certame MúsicaXove, co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade, como unha iniciativa máis nun conxunto de propostas que tratan de poñer en marcha estratexias nesta perspectiva. Noa Morales destacou que "se trata do oitavo ano que se celebra este certame, esta edición coa novidade de ter só unha categoría en vez das catro habituais".

Leer más

ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS

O Goberno local, en conversas para anular o convenio co aparcadoiro de Galeras

26/10/2015

O alcalde confirmou hoxe que o Goberno local está falando coas partes implicadas para anular o convenio coa concesionaria do estacionamento de Galeras que contemplaba a construción de novos accesos ao aparcadoiro ocupando espazo público. Martiño Noriega deulle conta destas conversas á Asociación de Veciños do barrio, nunha reunión celebrada este mediodía no Pazo de Raxoi.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reúnese co comité executivo da Confederación de Empresarios da Coruña

26/10/2015

O alcalde de Santiago reuniuse esta mañá co comité executivo da Confederación de Empresarios da Coruña, encabezado polo presidente da CEC, Antonio Fontenla. Foi unha primeira xuntanza de toma de contacto, na que Martiño Noriega e os representantes da patronal coruñesa puxeron sobre a mesa algunhas preocupacións comúns, fundamentalmente en materia de infraestruturas.

Leer más

CONSORCIO

A vindeira semana remata o prazo para que rapaces de 5 a 14 anos se inscriban no curso de corda da Escola de Altos Estudos Musicais

26/10/2015

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela préstalle unha especial atención á formación musical dos máis pequenos. Así, o centro pon en marcha unha nova edición do curso de corda para nenos, centrado nas especialidades de violín, violoncello e contrabaixo. As clases comezarán en novembro de 2015 e prolongarase ata o mes de maio de 2016.

Leer más
Compartir: