BENESTAR SOCIAL
A Gala da Diversidade chama a atención sobre os trastornos alimentarios
A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (ABAGAL), celebra o cuarto festival solidario para chamar a atención sobre os trastornos alimentarios. A Gala da Diversidade contará un ano máis coa colaboración desinteresada de diversos artistas, que porán o seu gran de area para lograr que os cidadáns se achegue ao Teatro Principal o domingo 21 a partir das 16:00 horas.
XUVENTUDE
Los Coronas e os galegos Pi Graos, invitados no concerto de presentación da terceira edición de "MúsicaXove"
A Concellaría de Xuventude presenta a terceira edición do certame MúsicaXove, cun concerto na Sala Capitol, cos grupos Los Coronas, e como teloneiros os pontevedreses Pi Graos. As portas da sala abriranse ás 21:30 horas do xoves 18 e, media hora despois, comezará a soar a música.
COMERCIO
Media Lúa, Xocoátel e Marabillas, premiados no Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico 2010
Xa se coñecen os nomes dos comercios gañadores do Concurso de Escaparatismo Fórum Gastronómico 2010. Son, por esta orde, a tenda de marroquinería, Media Lúa, o estabelecemento especializado en chocolates Xocoátel e a tenda de decoración Marabillas.
CAMIÑO DE SANTIAGO
Os Camiños Francés e de Fisterra melloran a sinalización e as condicións de accesibilidade no termo municipal
Os Camiños Francés e de Fisterra contan agora cunha mellor sinalización e con mellores condicións de seguridade, accesibilidade e uso no termo municipal. Isto é posible grazas as tres obras de rehabilitación e sinalización que realizou o Concello a través dos Fondos Estatais de Investimento Local (FEIL). Estas intervencións tiveron un orzamento conxunto dun millón de euros.
TURISMO
Máis de 40 xornalistas especializados visitarán o Fórum Gastronómico
Do 20 ao 24 de febreiro Santiago converterase en capital gastronómica do Arco Atlántico, coa celebración do Fórum Gastronómico, o congreso de cociña decano en Europa. Atraídos pola presenza dalgúns dos mellores cociñeiros do mundo, máis de 40 profesionais de medios de comunicación procedentes de diversos puntos de España e Europa visitarán a cidade eses días.
FESTAS
Vinte e catro comparsas, once carrozas e centos de disfraces desfilarán polo centro da cidade no martes de Antroido
Co desfile de martes de Antroido ás portas, a cidade prepárase para vivir unha intensa tarde-noite. Un total de 24 comparsas, 11 carrozas e 27 disfraces (de grupo, parella e individuais) participarán no concurso, acompañados por outros incondicionais do Antroido, que aínda que non obtan aos premios desfilarán coas súas creacións para divertir ao público.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno aprobou os prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Ademais, aprobouse o convenio co Consorcio que permitirá habilitar como aparcadoiro a explanada de Fontiñas.
ALCALDÍA
Santiago acollerá en outubro a Asemblea de Colexios Médicos de España
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o presidente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, Luciano Vidán Martínez. Este convidouno a participar en dous eventos: a festa colexial da provincia e a Asemblea de Colexios Médicos de España, que se celebrarán en Santiago.
FESTAS
O desfile do Antroido puxo o broche de ouro ás festas cunha alta participación de concursantes e público
O Antroido de Compostela chega ao seu fin despois de vivir o gran desfile e concurso de comparsas e carrozas na tarde do martes 16. Centos de persoas ateigaron as beirarrúas do centro da cidade para non perder detalle dos espectáculos que desfilaron dende Santiago de Chile ata a avenida de Xoan Carlos I. A pesar da fría tarde, a ausencia de chuvia permitiu gozar dun gran desfile.
CULTURA
A Banda Municipal ofrece un concerto especial de Entroido con alumnos do Conservatorio Profesional da Coruña
A Banda Municipal de Música ofrece un concerto especial con motivo das festas do Entroido. Será o mércores 17, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia e a entrada será libre. A Banda, dirixida por X. Carlos Seráns, estará acompañada por alumnos do Conservatorio Profesional da Coruña.