FESTAS

Un espectáculo de luz, maxia e cor inundou o ceo de Compostela

24/07/2021

A cidadanía de Compostela puido gozar, esta noite, cos fogos do Apóstolo, botados sincronizadamente desde cinco puntos da cidade, co obxectivo de evitar aglomeracións e facilitar o visionado dun espectáculo de luz e cor no que se utilizaron máis de 4.500 quilos de explosivo.

Leer más

TURISMO

Publicación das listaxes provisionais relativas ás axudas para o rescate da restauración e hospedaxe

23/07/2021

Hoxe, día 23 de xullo de 2021, publícase a resolución do concelleiro de Turismo relativa á publicación das listaxes provisionais de persoas propostas para a aprobación definitiva da axuda, persoas ás que se lle require subsanar documentación e se lles abre período de requirimento e persoas propostas para o reintegro/devolución da axuda percibida ás que se lle require que acheguen a documentación ou presenten alegacións relativa á fase de xustificación da convocatoria extraordinaria de...

Leer más

RELACIÓNS VECIÑAIS

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para programas e actividades realizadas polas asociacións veciñais

22/07/2021

Hoxe ábrese o prazo de presentación de solicitudes á "Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2021"; despois da súa publicación, onte, no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Estas axudas contan cun orzamento de 100.000 euros.

Leer más

FESTAS

Santiago encherase de luz e cor cos Fogos do Apóstolo do día 31 e os do día 24, que se lanzarán desde cinco localizacións distintas

21/07/2021

O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, presentou hoxe o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do 24 e do 31 de xullo; xunto a Juan Manuel Humanes, director de espectáculos de RICASA, empresa adxudicataria do contrato. Por segundo ano consecutivo os fogos do 24 dispararanse, de xeito sincronizado, desde cinco localizacións, o que, explicou Muíños, evitará aglomeracións e facilitará o visionado do mesmo desde prácticamente todos os puntos de Santiago. Con elo facilitarase o cumprimento das...

Leer más
Compartir: