CULTURA
Os Crebinsky desembarcan en Cineuropa cun espectáculo escénico e co avance da película
Trátase da longametraxe galega máis agardada dos últimos tempos. Cineuropa acolle o avance de Os Crebinsky. O filme, que xa está rematado e se estreará de aquí a uns meses. No Teatro Principal proxectaranse ás 22:00 horas os primeiros vinte minutos da metraxe. E isto, aderezado cunha presentación escénico-musical na que participarán o equipo técnico e artístico e mais a banda dos Crebinsky, que interpretará en directo a banda sonora que Pablo Pérez compuxo para o filme.
IGUALDADE
Os xornalistas demandan unha educación responsable e a tolerancia cero respecto á violencia de xénero
O Casino de Santiago acolleu un acto de sensibilización con motivo da celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Nesta ocasión, os protagonistas foron os medios de comunicación, instrumento fundamental na transmisión de valores e na denuncia da violencia contra as mulleres.
TURISMO
O Fórum Gastronómico traerá de novo a mellor cociña a Santiago en 2010
Do 20 ao 24 de febreiro Santiago converterase por segunda vez na capital gastronómica do Arco Atlántico. Algúns dos mellores cociñeiros do mundo, como Ferrán Adrià, Pierre Gagnaire ou Jacob Mielcke amosarán as súas artes culinarias no Recinto Feiral de Amio.
URBANISMO
Santiago participa na Conferencia Anual do Programa Europeo URBACT en Estocolmo
A Concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón, foi a encargada de moderar unha mesa redonda na Conferencia Anual de URBACT, inaugurada polo ministro sueco de Empresa e Enerxía, Maud Olofsson e presidida pola directora de Políticas de Desenvolvemento, Natalija Kazlauskiené, da Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea. O acto, celebrado en Estocolmo, enmárcase no programa organizado por Suecia durante a súa Presidencia na Unión Europea.
CULTURA
A Banda Municipal ofrece un concerto especial na residencia de Volta do Castro
O xoves 26 de novembro, ás 17.00 horas, a Banda Municipal dará un concerto especial. Nesta ocasión achegarase á Residencia da Terceira Idade Volta do Castro. Faino dentro da nova programación da Banda, que busca achegar a agrupación á xente e a todos eses composteláns e compostelás que teñen dificultades para poder asistir aos concertos ordinarios, como é o caso dos maiores que están nesta residencia.
CONSORCIO
O Programa Urbe dixitalizou xa máis de 63.000 escrituras notariais
O Consorcio e a Universidade de Santiago presentan o estado dos traballos do Programa Urbe, iniciado en 2007 e destinado a dixitalizar todos os fondos documentais da cidade e crear unha ferramenta informática básica de consulta e documentación. Agora, o proxecto entra na súa recta final de traballo con 63.300 escrituras notariais procesadas, o que se traduce en preto de 300.000 imaxes dixitais. Os documentos orixinais proceden do Arquivo Universitario e do Arquivo da Catedral.
IGUALDADE
Os actos municipais do Día Internacional contra a Violencia de Xénero diríxense nesta edición aos medios de comunicación
Con motivo da celebración, o mércores 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Concellería de Igualdade preparou unha edición máis un acto de sensibilización, que nesta ocasión estará dirixido aos medios de comunicación. Será ás 19:00 horas no Casino. Ademais, celebrarase unha nova entrega dos Premios 25 de novembro.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A Casa das Asociacións de Cornes acolle a mostra "Exposición Rexional Galega. 100 anos despois"
O mércores, 25 de novembro, ás 20:00 horas, inaugúrase na Casa das Asociacións, en Cornes, a mostra "Exposición Rexional Galega. 100 anos despois", organizada pola Concellería de Participación Cidadá. A exposición rescata a participación cidadá na conmemoración que organizara a Concellería de Festas na Alameda, con motivo do centenario, en xullo deste ano.
XUNTA DE GOBERNO
Máis de 600.000 euros para varias obras do reforzo do firme en vías do rural compostelán
A Xunta de Goberno aprobou o Plan de Cooperación das obras e servizos de competencia municipal (POS) para 2010. En virtude do mesmo, prevese un orzamento de 665.471 euros para a realización de cinco obras de reforzo do firme. Entre outros asuntos, tamén se acordou solicitar unha axuda para o financiamento da reurbanización da praza de Cervantes.
ALCALDÍA
Recepción do alcalde ao director xerente da Fundación Galicia Emigración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o director xerente da Fundación Galicia Emigración, José Manuel Castelao Bragaña.