LINGUA
En marcha a quinta edición do Conto Viaxeiro
Esta mañá botou a andar unha nova edición, a quinta, do Conto viaxeiro, unha iniciativa do Departamento de Lingua dirixida ao alumnado de Educación Primaria. A primeira sesión desenvolveuse esta mañá no CEIP López Ferreiro, co alumnado de 2º de Primaria.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Novo concerto da orquestra Praeludium este sábado no CGAC
Este sábado 6 de maio, ás 19:30 horas, o auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá unha nova actuación de Praeludium, unha orquestra formada por músicos noveis de Santiago de Compostela.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o asasinato este martes dunha muller e do seu fillo na localidade madrileña de Alcobendas.
TURISMO
A nova DispoApp permite coñecer en tempo real a dispoñibilidade de prazas hoteleiras en Santiago
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou a nova versión da DispoApp, ferramenta electrónica que Turismo de Santiago creou no 2016 para poder informar en tempo real nas súas oficinas de información turística sobre a dispoñibilidade de prazas nos establecementos hostaleiros da cidade. Xunto a ela estiveron Luz Castro, deseñadora da aplicación, e Flavia Ramil, xerente de xerente de Turismo de Santiago.
ESPAZOS CIDADÁNS
A reurbanización de Castrón D´Ouro permitirá gañar espazo para a cidadanía e mellorar a accesibilidade
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou hoxe en rolda de prensa o proxecto de reurbanización das rúas Castrón D´Ouro e Patio de Madres, despois de terllo explicado onte á veciñanza de Sar nun encontro aberto na praza de Marcial Villamor. O edil salientou que esta actuación é un paso máis no obxectivo do Goberno de "humanizar as rúas, devolverlle espazos públicos á cidadanía e mellorar a accesibilidade". As obras de Castrón...
ACCIÓN CULTURAL
Terceira sesión en Conxo dos "Contos no espello", con Pepe Sendón e Marcos Teira
O sábado 6 de maio, ás 20:30 horas, o Centro Sociocultural de Conxo acollerá a terceira sesión dos Contos no espello, actividade incluída no programa Liñas paralelas, de sesións de relato breve e música.
FESTAS
A Ascensión 2017 aposta polos músicos locais e polos concertos de balde
O alcalde presentou hoxe a programación das festas da Ascensión, que se celebrarán do 24 ao 28 de maio. Martiño Noriega explicou que o programa "reforzará as propostas máis tradicionais das que son as festas picheleiras por excelencia, ao tempo que incluirá novas actividades pensadas para todos os veciños e veciñas". Como principal novidade, o rexedor destacou o escenario que estará instalado na praza do Toural, polo que pasarán grupos do censo Compostela É! Música, posto en marcha...
CONSORCIO
Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora, finalistas da Gala do Libro Galego 2017
Dúas publicacións coeditadas polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora atópanse entre as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017. Esta iniciativa está promovida pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. É un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no eido editorial en Galicia ao longo de 2016. A gala, na que se darán a coñecer as obras gañadoras,...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e de agarda nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños
A Comisión de Baremación e Selección na súa sesión deste mércores, 3 de maio, elaborou a proposta inicial e acordou facer públicas as listaxes provisionais de admitidos, excluídos e de agarda das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños para o curso 2017-2018.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa en maio unha exposición e unha xornada divulgativa sobre a contaminación luminosa
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado en Belvís, dedicará o mes de maio á crecente problemática medioambiental da Contaminación Luminosa, a través dunha interesante exposición temporal e dunha xornada de divulgación que incluirá un obradoiro para nenas e nenos e unha charla coloquio para as persoas adultas. Rematará o mes cun dos habituais itinerarios interpretativos, nesta ocasión polas Brañas do Sar.