EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Seguen as representacións no Principal do XXII Certame de Teatro Intercentros

08/05/2017

O Teatro Principal continúa acollendo as representacións dos grupos de Secundaria no XXII Certame de Teatro Intercentros. Este luns foi a vez do IES Pontepedria e dos dous grupos do IES Rosalía de Castro, tras abrir o certame o IES Eduardo Pondal o pasado 2 de maio. Este martes subirán ás táboas do Principal os grupos de teatro do IES Arcebispo Xelmírez I, do IES Antón Fraguas e do CPPI dos Dices de Rois.

Leer más

LINGUA

O IES Xulián Magariños de Negreira, gañador do Club de Debate 2017

06/05/2017

O IES Xulián Magariños converteuse este sábado no gañador da edición deste ano do Club de Debate, na final celebrada no Centro Sociocultural de Santa Marta. O alumnado do centro de Negreira conseguiu unha puntuación de 411,50 puntos, por diante dos 403,50 do segundo clasificado, o IES Luís Seoane de Pontevedra; e dos 391,50 que lle deron o terceiro posto ao IES da Pontepedriña. Para esta final tamén lograran clasificarse o IES de Bertamiráns, o CPI Plurilingüe de Vedra, e o IES Leixa de Ferrol. Ao acto de entrega dos...

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

O Concello de Santiago participa na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

05/05/2017

O Concello de Zaragoza acolleu a Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local (Redel). A técnica municipal Carme Casado participou nesta xuntanza, na que se aprobaron as incorporacións a Redel do Concello de Medina del Campo e de IMPEFE (Instituto Municipal de Promoción Económica, Formación e Emprego de Cidade real). Polo tanto, a rede está formada xa por 17 entidades.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde reivindica o traballo das Asociacións de Amigos do Camiño

05/05/2017

O alcalde, Martiño Noriega, participou este venres na inauguración do Simposio Internacional de Hospitalidade e Xestión Medioambiental no Camiño de Santiago, que se desenvolve hoxe e mañá no Hostal dos Reis Católicos. Este foro serve de peche a un proxecto desenvolvido pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEACCS), no marco do proxecto europeo LifeStars + 20.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local impulsa un novo obradoiro de emprego para avanzar no acondicionamento do Sar

05/05/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto do Obradoiro de Emprego Ecotur Xuvenil III, que contempla a execución dunha nova fase do acondicionamento das beiras do Sar, no tramo comprendido entre Ponte Suarribas e Ponte da Fervenza. O alcalde explicou que esta actuación "permitirá darlle continuidade ás sendas realizadas no marco das dúas primeiras edición do Ecotur Xuvenil", e insistiu en que a intención do Goberno é "acondicionar todo o tramo dende Sar ata a zona do Banquete de Conxo".

Leer más
Compartir: