PARQUES E XARDÍNS

O novo parque interxeracional de Ramírez estará listo a principios de maio

10/04/2013

As obras do novo parque interxeracional de Ramírez avanzan a bo ritmo malia as inclemencias meteorolóxicas. Así o puido constatar a concelleira de Obras e Infraestruturas, María Pardo, na visita que realizou á zona de actuación. Anunciou que mesmo se poderán adiantar os prazos e abrir o parque a principios de maio.

Leer más

CULTURA

Disco Las Palmeras! presentan o seu novo traballo discográfico na Zona C

10/04/2013

Este xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, na Zona C (Bonaval, 1), cita con Disco las Palmeras! no Compostela Rock. As entradas está a venda a 6 euros (máis gastos de distribución) cunha oferta especial de entrada e vinilo a 12 euros. Como teloneiros contarán con Telephones Rouges, unha banda da escena underground galega.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Aberto ata o luns 15 o prazo para a presentación de propostas no I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial

09/04/2013

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convocou o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da...

Leer más
Compartir: