ACCIÓN CULTURAL

Dezanove concertos na cuarta edición das Xornadas de Música Contemporánea

08/10/2015

A tenente de alcalde do Concello de Santiago, María Rozas; e o director do Centro Nacional de Difusión Musical do INAEM, Antonio Moral, presentaron esta mañá na Casa do Concello as Xornadas de Música Contemporánea. Fixérono acompañados da vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez e a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto homenaxea a Jørgen Leth

08/10/2015

Un dos elementos que conforman a identidade de Curtocircuíto son as súas retrospectivas, como a dedicada ao canadiano Mike Hoolboom o pasado ano. Nesta ocasión, o danés Jørgen Leth únese ao xa anunciado Aki Kaurismäki como cineasta ao que o festival homenaxea en 2015.

Leer más

IGUALDADE

A praza do Obradoiro encherase o venres de pegadas en prol da igualdade

07/10/2015

A praza do Obradoiro será escenario, o próximo venres, dunha acción creativa que quere ser unha chamada de atención sobre a necesidade de camiñar cara unha sociedade máis igualitaria. A concelleira de Igualdade, Marta Lois, invitou hoxe á veciñanza a sumarse a este proxecto, que o Concello pón en marcha en colaboración co colectivo Abrollarela.

Leer más

EDUCACIÓN

A obra Ícaro, premio internacional "Compostela" de álbums ilustrados, formará parte da prestixiosa lista The White Ravens

07/10/2015

Trátase dunha selección elaborada pola Biblioteca Xuvenil Internacional de Múnich que recolle os mellores títulos da literatura infantil e xuvenil e que será presentada na Feira Internacional do Libro de Franckfurt. Ícaro tamén foi elixida pola Organización Española do Libro infantil e xuvenil para formar parte da Lista de Honra da IBBY.

Leer más
Compartir: