FACENDA

O Goberno municipal incorpora 25 das propostas dos grupos da oposición ao proxecto de orzamentos

25/02/2016

A concelleira de Facenda deu conta hoxe das achegas da oposición que foron incorporadas ao proxecto dos orzamentos municipais para 2016. María Rozas explicou que, despois de dous meses de diálogo, incluíronse no documento 25 propostas dos tres grupos da oposición, e outras 8 foron aceptadas parcialmente. A maioría das achegas incorporadas proceden do PSOE e do BNG, se ben a edil incidiu en que o número de propostas dos grupos foi moi dispar (4 do PP, 31 do PSOE e 10 do BNG).

Leer más

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Corenta expositores venderán as súas pezas na III Feira de Antigüidades de Santiago

25/02/2016

O Palacio de Congresos e Exposición de Galicia acollerá os días 26, 27 e 28 de febreiro a III Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, á que asistirán 40 expositores de España e varios países europeos. O evento foi presentado en rolda de prensa pola concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.

Leer más

TURISMO

As pernoctacións medraron un 9,77% no mes de xaneiro en Santiago de Compostela

25/02/2016

No mes de xaneiro rexistráronse en Santiago 41.249 pernoctacións, un 9,77% máis que no mesmo mes do ano pasado, segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE). Estas cifras son superiores ao crecemento medio estatal, que foi do 8,2%, apuntando o bo comportamento que está tendo a demanda turística na cidade nos últimos meses.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cita esta fin de semana no Castiñeiriño co programa "Imos ao baile 2016"

24/02/2016

O programa Imos ao baile 2016 ten este sábado, 27 de marzo, unha nova cita no Centro Sociocultural do Castiñeiriño. Esta iniciativa, que arrancou o pasado 30 de xaneiro cun baile no CSC de Laraño, ten previsto este ano 28 bailes, repartidos entre diferentes centros socioculturais e a devandita Casa das Asociacións.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde preside a ofrenda floral a Rosalía de Castro no 179º aniversario do seu nacemento

24/02/2016

Este 24 de febreiro cúmprense 179 anos do nacemento de Rosalía de Castro e, como é habitual, a escritora foi homenaxeada cunha ofrenda floral diante do busto que a recorda, no paseo da Alameda compostelá. O acto estivo presidido polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e contou coa participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Tamén asistiron a concelleira de Acción Cultural, Branca...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

A Tropa Verde chegará este ano aos colexios de secundaria de Compostela

24/02/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia presentou hoxe as actividades previstas para este ano no marco do proxecto Tropa Verde. Xan Duro explicou que en 2016 se quere traballar "en tres liñas básicas: a ampliación e difusión da Tropa Verde, a implantación do programa nos colexios de secundaria, e as campañas específicas asociadas a residuos concretos como os aceites vexetais de fritura ou as pilas. Na rolda de prensa, o edil estivo acompañado por Miguel Varela, de Teima Desenvolvemento, a firma que se encarga do programa.

Leer más
Compartir: