ALCALDÍA
O alcalde comprométese a ter en conta as demandas das familias numerosas á hora de revisar determinadas taxas municipais
O presidente da Asociación Galega de Familias Numerosas, Luis Sánchez, foi recibido en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ao que lle transmitiron algunhas das súas reivindicacións. Na xuntanza tamén estivo a concelleira de Benestar Social, Mar Martín.
COMERCIO
Un surtido de bolas de chocolate leva o primeiro premio do Concurso "Regalar custa pouco"
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os produtos gañadores do I Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco. O premio especial do xurado, de 750 euros, foi para o Surtido de bolas de chocolate Oceans, cun prezo de venda de 30 euros, pertencente ao estabelecemento Xocoátel. O segundo premio acadouno Xogo de tres botóns de madeira de buxo, cun prezo de venda de 4,20 euros, presentado polo estabelecemento Noroeste, xoias de autor.
CULTURA
Remata o ciclo Teatro + Danza en Xira 2008 coa representación de "La paz perpetua"
O ciclo Teatro + Danza en Xira 2008 remata con dúas representacións da obra La paz perpetua, do Centro Dramático Nacional e o Teatro de la Abadía, os días 28 e 29 de novembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Teatro e música en Conxo
A Concellaría de Centros Socioculturais organiza dúas actuacións especiais no barrio de Conxo: unha obra de teatro o sábado 29 e un concerto da Real Filharmonía de Galicia o domingo día 30.
CULTURA
Alfonso Zarauza gaña o premio ao mellor director no Festival de Viña del Mar co filme que abriu Cineuropa 2008
A noite que deixou de chover, ópera prima de Alfonso Zarauza que foi estreada na xornada inaugural do Festival Cineuropa, comeza a recibir o recoñecemento dos festivais internacionais. Logo da calurosa acollida que obtivo a longametraxe no Festival Internacional de Cine de Sao Paulo e da extraordinaria recepción do Festival de Valladolid, a obra de Zarauza vén de gañar o premio Paoa no Festival de Viña del Mar, en Chile, ao mellor director.
PLENO
O Pleno acorda iniciar o procedemento de constitución dun Consorcio para a creación da Vía Verde a Compostela
O Pleno municipal acordou tamén iniciar o procedemento de constitución dun Consorcio para a creación, xestión, explotación e mantemento da Vía Verde a Compostela. Neste participarán, ademais de Santiago, os concellos de Ordes e Oroso, sen prexuízo de que se poidan incorporar outras administracións públicas ou entidades privadas.
FACENDA
Os orzamentos de 2009 aumentarán o investimento en benestar social, emprego e educación
A cifra final de gasto prevista para o exercicio de 2009 sitúase en 124.155.171,16 euros, o que supón un aumento do gasto con respecto ao 2008 do 8%, con carácter xeral. O importe total de investimentos previstos para o exercicio de 2009 ascende a 34.331.663,92 euros.
EDUCACIÓN
Un traballo sobre ciencia para escolares de educación infantil gaña a sexta edición dos Educacompostela
A sexta edición dos Premios Educacompostela rematou coa entrega de premios aos gañadores, nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Nesta ocasión, o traballo gañador foi o chamado "Xogando coa luz", realizado por un grupo de mestras de educación infantil de seis centros escolares.
MEDIO AMBIENTE E EDUCACIÓN
O Programa de Educación Ambiental incorpora un novo bloque dedicado ás enerxías renovables
As concellarías de Medio Ambiente e Educación, en colaboración con ADEGA, poñen en marcha unha nova edición do Programa de Educación Ambiental. Esta iniciativa, dirixida aos centros de ensino, é un conxunto de actividades dirixidas a promover a responsabilidade en torno a diferentes aspectos medioambientais.
TRANSPORTES
Novo bono para motos no aparcadoiro de Xoán XXIII
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA). No mesmo aprobouse a actualización das tarifas dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII, dársena de autocares de Xoán XXIII e da estación de autobuses na parte que corresponde ao control municipal. Ademais, créase un bono para motos no aparcadoiro de Xoán XXIII.