XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os convenios de colaboración con tres asociacións comerciais, por un total de 100.000 euros, destinados a bonos de aparcamento
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou tres convenios de colaboración con distintas asociacións de comerciantes, por un importe total de 100.000 euros, co obxecto de subvencionar a entrega de bonos de aparcamento á clientela e dinamizar así o sector. Esta actuación enmárcase no programa de reactivación económica e social municipal PRESS 2021, deseñado para paliar os efectos económicos adversos derivados da crise sanitaria provocada pola COVID- 19.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará máis de 220.000 euros a 29 actuacións de mellora da accesibilidade
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión ordinaria, aprobou o proxecto de "Mellora da accesibilidade no Concello de Santiago 2021"; ao que se destinará un orzamento, IVE incluído, de 222.606,40 euros. Está previsto que se leven a cabo actuacións en 29 puntos da cidade e contarán cun prazo de execución de tres meses.
ALCALDÍA
O alcalde e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda constatan a boa marcha do polígono da Sionlla
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitaron esta mañá o polígono da Sionlla, acompañados polo presidente da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, José Fernández Alborés.