ALCALDÍA E EDUCACIÓN
En marcha a XIX edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura
O alcalde de Santiago inaugurou a XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, que se desenvolverá ata o 3 de maio. Martiño Noriega visitou a exposición aberta no Centro Social Abanca e conversou cos nenos e nenas que participaron durante a mañá nas sesións de contacontos e obradoiros.
DEPORTE
O Estadio Verónica Boquete acolle tres partidos clasificatorios para a Eurocopa Sub-19 feminina
O Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro converterase nun dos epicentros do fútbol europeo durante os días 3, 6 e 9 abril coa celebración de tres partidos clasificatorios para a Eurocopa Sub-19, que terá lugar en Escocia durante o verán. Os detalles explicáronos esta mañá a concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o director deportivo da Federación, Manuel Fernández.
ACCIÓN CULTURAL
Brais Rodríguez presenta "Verticais" na Zona "C"
Como gañador do accésit do Décimo Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, dende o Departamento de Acción Cultural convidouse a Brais Rodríguez a idear unha instalación específica para a Zona "C". Co nome de Verticais, Brais abre esta instalación este xoves 28 de marzo, ás 19:30 horas, na Zona C (Bonaval, 1). A intervención poderá visitarse ata o 26 de maio en horario de 16:00 a 20:00 horas (luns permanecerá pechada). Estará acompañado da concelleira de Acción...
DEPORTE
Recepción municipal ao equipo xaponés de fútbol sala Bork Kitakyushu
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada doutros integrantes da Corporación, recibiu os integrantes do club xaponés de fútbol sala Bork Kitakyushu.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia ofrece o concerto "Mini Mozart" para os máis pequenos
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a nenos e nenas de ata dez anos, o xoves 28 e o venres 29, ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, repetirase a actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos.
ACCIÓN CULTURAL
Valérie Massadian visita Numax para participar no ciclo "A cor das palabras" e presentar a súa filmografía
O cinema Numax recibe a vindeira fin de semana a visita dunha das cineastas máis prestixiosas do país veciño. Valérie Massadian ofrece o domingo 31 de marzo o encontro A cor das palabras, organizado polo Concello de Santiago, e presentará domingo e luns os seus dous filmes máis emblemáticos: Nana e Milla.
IGUALDADE E MEDIO RURAL
O Centro Cívico de Busto acolle este venres o segundo Encontro de Mulleres do Rural
O vindeiro venres 29 de marzo terá lugar no Centro Cívico de Busto o II Encontro de Mulleres do Rural, enmarcado dentro das accións que organiza o Concello polo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres.
PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio asina un convenio de colaboración coa Red Española de Albergues Juveniles
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España firmou un convenio de colaboración coa Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) co fin de potenciar o posicionamento de marca de ambas as dúas institucións e fomentar o coñecemento da Red de Albergues e dos destinos do grupo de Cidades Patrimonio nos principais mercados turísticos. O convenio asinárono este mércores o presidente do Grupo e alcalde de Cuenca, Ángel Mariscal, e o presidente do Consorcio REAJ, Francisco Javier Sánchez López.