EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Arrinca a XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, que inclúe 11 obras gañadoras co Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, acompañado da coordinadora de Kaladraka, Manuela Rodríguez, deu conta hoxe dos detalles dunha nova edición da Campaña Municipal de Animación á Lectura, que se desenvolverá no Centro Abanca e que ten como lema Cándido e dez premios máis, título da última obra gañadora do Premio Compostela de Álbums Ilustrados.
IGUALDADE
O Concello de Santiago impulsa unha campaña de sensibilización sobre as violencias machistas nos autobuses urbanos
O Concello de Santiago vén de impulsar unha campaña de sensibilización nos autobuses urbanos de Compostela que ten como obxectivo facer do transporte público un espazo libre de violencias machistas. Trátase dunha acción desenvolvida no marco do 8M, Día Internacional da Muller.
CONSORCIO
Permanece aberta a inscrición no Curso de Posgrao de Especialización Orquestral, que permite ao alumnado formarse coa RFG
Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2019-2020. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
ALCALDÍA
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago e a Garda Civil asinan un protocolo para mellorar a seguridade na ruta xacobea
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta tarde o acto de sinatura dun protocolo operativo entre a Asociación de Municipios do Camiño de Santiago e a Garda Civil para mellorar a seguridade na ruta xacobea. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, exerceu como anfitrión no acto.