ALCALDÍA
Asinado o convenio de cesión da parcela para a futura residencia de maiores de Fontiñas
O alcalde e o conselleiro de Política Social asinaron este luns o acordo polo que o Concello de Santiago lle cede ao departamento autonómico unha parcela para a construción dunha residencia para persoas maiores no barrio de Fontiñas. Martiño Noriega e José Manuel Rey Varela salientaron o clima de colaboración institucional que "permitiu axilizar esta sinatura despois de meses de traballos técnicos".
ALCALDÍA
Santiago celebra a semana do Alzheimer cun congreso internacional de investigación e innovación
O VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas (CIIIEN), organizado pola Fundación Reina Sofía, Fundación CEN (Fundación Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas) e CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas), reunirá esta semana en Santiago de Compostela a destacados investigadores nacionais e internacionais para poñer en común os principais avances no tratamento do Alzheimer, Parkinson e Huntington.
IGUALDADE
As escritoras Marta Pessarrodona e Kerstin Hensel conversarán mañá martes na Casa das Mulleres Xohana Torres
A Casa das Mulleres Xohana Torres acolle mañá martes, a partir das 20:00 horas, unha conversa sobre literatura e feminismo da man das escritoras Marta Pessarrodona e Kerstin Hensel, que leva por título "Literatura e lugar".
CONVIVENCIA
Comezan as probas para a cobertura de seis prazas de Policía Local
O Concello de Santiago iniciou este luns as probas selectivas para a contratación de seis policías locais mediante un proceso de oposición libre. O primeiro exame, de aptitude física, celébrase durante os días 17 e 18 de setembro mas instalacións da pista de atletismo da USC.