EDUCACIÓN
Premio á "extraordinaria traxectoria, compromiso e sensibilidade" da Concellería de Educación en prol da seguridade viaria
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta do premio institucional concedido ao Departamento de Educación do Concello de Santiago no marco dos Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria, organizado polo Real Automóbil Club de España (RACE). O galardón foi concedido en recoñecemento ao labor en prol da educación e da seguridade viaria deste Departamento, en representación do cal estiveron tamén na rolda de prensa Xosé Manuel Rodríguez-Abella, Beatriz Varela e Susana...
MOCIDADE
O Teatro Principal acolle a gala de final de curso do programa Compostela Actúa
Este mércores 18 de xuño, ás 19:00 horas, celebrarase no Teatro Principal a gala de final de curso do programa Compostela actúa, organizado pola Concellería de Mocidade. Neste programa participan 50 mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.
CULTURA
A Banda Municipal dedica o concerto deste xoves en Praterías á música galega
A Banda Municipal de Música de Santiago ofrece o seu concerto habitual dos xoves ás 20:00 horas na praza das Praterías. Nesta ocasión, a formación dedicará a actuación á música galega e ao seu instrumento por antonomasia, a gaita.
CULTURA
María Adánez, José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rús presentan en Santiago "Insolación", de Emilia Pardo Bazán
María Adánez, José Manuel Poga, Chema León e Pepa Rús estarán este xoves en Compostela con Insolación, de Emilia Pardo Bazán. Dirixidos por Luis Luque chegan da man da Compañía Miguel Narros e Producciones Faraute. Poderemos velos a partir das 20:30 horas no Auditorio de Galicia, dentro do ciclo Teatro 2015. As entradas teñen un prezo de 22 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal, no 902 434 443 e en entradas.abanca.com..../em>