DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello celebrará os días da Árbore e da Auga cunha plantación no Parque Avilés de Taramancos e cun concurso de debuxo

17/03/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, acompañada polo acompañada responsable Parques e Xardíns, José Antonio Mosquera, e do xerente en Santiago de Ferrovial Servizos (concesionaria do mantemento de zonas verdes), Luis Incera presentou as actividades con motivo do Día da Árbore e do Día da Auga, que se celebrarán o 21 e o 22 de marzo, respectivamente. O acto central deste ano será una plantación de árbores no Parque Avilés de Taramancos. Ademais, convocouse un concurso de...

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio destinará este ano 1.347.310 euros a rematar o primeiro Centro Nacional de Formación en Materia de Rehabilitación que existirá en España

17/03/2015

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá Comisión Executiva e Consello de Administración, presididos polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados destaca a sinatura dun convenio coa Fundación Laboral da Construción para rematar as obras do Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, para o que o Consorcio aportará este ano 1.347.310,36 euros.

Leer más

DEPORTES

Máis de 850 persoas xa se inscribiron na Gladiator Race do Monte do Gozo

17/03/2015

A Gladiator Race, que se celebrará o vindeiro 27 de xuño no Monte do Gozo, tivo esta mañá a súa presentación oficial ante os medios. O acto, celebrado no Hotel Puerta del Camino, contou coa presenza do organizador do evento, o ex ciclista do Xacobeo Galicia e presidente de AD Top Ten Sports, Serafín Martínez; da concelleira de Deportes de Santiago, María Corral; e representantes dalgunhas das empresas patrocinadoras como Lina Portela (Augas de Mondariz), Xosé Santiso (Fogar do Santiso) e Sonia Fernández...

Leer más

CULTURA

Dez espectáculos de marzo a maio nunha nova entrega do ciclo Danza 2015

17/03/2015

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo Danza 2015 para os meses de marzo a maio. En total son 18 funcións de 10 espectáculos diferentes que combinan a danza co novo circo, o teatro, a música e o cinema. Na rolda de prensa estivo tamén presenta Baltasar Patiño, director de Hombres Bisagra, de Matarile Teatro, que poderemos ver no Teatro Principal do 25 ao 27 deste mes.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello realizará melloras en 24 parques infantís da cidade para adaptalos á normativa de seguridade vixente

17/03/2015

As 76 áreas de xogo coas que conta o Concello foron sometidas a unha auditoría que revelou que 52 cumpren cos requisitos e é preciso acometer diferentes actuacións en 24. Os parques de Camilo Díaz Baliño, Galeras e Pontepedriña experimentarán unha remodelación completa. Investiranse 58.000 euros nas intervencións menores e realizaranse proxectos individualizados para as tres áreas que necesitan a rehabilitación integral.

Leer más

CULTURA

Matrioshka Teatro abre un crowfunding para a súa xira de "C’est la vie", obra incluída no Bono de Teatro Galego e Portugués

17/03/2015

A compañía compostelá Matrioshka comezou hai ben pouco a súa andaina con C’est la vie, unha peza teatral pola que conseguiron xa un premio María Casares. En Santiago poderemos vela o xoves 16 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal, enmarcada no Bono de Teatro Galego e Portugués. Agora, acaban de comezar unha campaña de crowfunding para poder realizar unha minixira galega e levar o espectáculo a diferentes vilas e cidades.

Leer más

CULTURA

"O principio de Arquímedes" poderá verse no Teatro Principal o 4 de xuño

17/03/2015

A obra de Teatro do Atlántico O principio de Arquímedes, que tivera que ser posposta por motivos de saúde do elenco, poderá verse finalmente o xoves 4 de xuño no Teatro Principal. As persoas que tivesen xa as súas entradas adquiridas para o venres 27 de febreiro non teñen que facer nada, xa que esa entrada será válida para a nova data. Os que a adquirirán para o 28 de febreiro teñen que pasar polo despacho de billetes trocala pola nova entrada que lle será reasignada na mesma butaca ou, de non ser iso...

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández sitúa a Salvador García-Bodaño entre os "bos e xenerosos" e destaca o seu "irrenunciable compromiso cívico con Galicia e con Compostela"

17/03/2015

O alcalde, Agustín Hernández, presidiu no Auditorio de Galicia, xunto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o acto de entrega do titulo de Fillo Adoptivo da cidade e Medalla de Ouro do Concello de Santiago a Salvador García-Bodaño. Esta distinción ao escritor fora acordada por unanimidade da Corporación municipal nun Pleno celebrado o pasado mes de decembro, "en recoñecemento á súa relevancia e pola súa implicación na vida cultural de Compostela e de Galicia".

Leer más
Compartir: