EMPREGO
Aberto o prazo de inscrición para participar no Foro de Intermediación e Emprego 2014
Entre as novidades desta edición haberá actividades de simulación para a mellorar as posibilidades nos procesos selectivos. A inscrición na web da Axencia Local de Colocación é requisito imprescindible para participar nas actividades e nos encontros con empresas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O luns 14 finaliza o prazo para que as asociacións de veciños soliciten a colaboración do Concello nas festas patronais
Unha inicitiva que o concelleiro delegado de Relacións Veciñais e Festas, Francisco Javier Noya Iglesias, retoma por terceiro ano consecutivo colaborando nas festas patronais das asociacións de veciños.
EDUCACIÓN
Continúan as viaxes de escolares dentro do programa pedagóxico do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
Turno para os escolares do IES Saénz de Buruaga (Mérida) que chegaron onte a cidade compostelá e se hospedarán ata o 11 de abril. Esta mañá visitaron o Pazo de Raxoi onde os recibiu o alcalde de Santiago, Ángel Currás e a cancelleira de Educación, María Castelao.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aprobou obras en vías do rural por máis de 90.000 euros
A Xunta de Goberno local deu luz verde a novas obras de mellora e acondicionamento de pistas no rural por máis de 90.000 euros. A voceira María Pardo tamén anunciou que se aprobaron as condicións para contratar un préstamo por seis millóns de euros.
BENESTAR SOCIAL
Comezan as xornadas formativas para profesionais contra a violencia de xénero
As xornadas comezaron no edificio Cersia de San Lázaro e contaron coa presenza da concelleira María Castelao, que participou nesta primeira toma de contacto do programa que continuará durante este mes de abril, maio e xuño
SERVICIOS BÁSICOS
O Concello habilita unha partida de 100.000 euros para a reposición de cable de cobre
O concelleiro de Servizos Básicos e Brigada de Vías Obras, Juan de la Fuente, compareceu en rolda de prensa para informar da creación dunha nova partida para repoñer o cableado de cobre que foi roubado entre finais do 2012 e 2013.
XUVENTUDE
Inaugurada a exposición fotográfica de MúsicaXove2013
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asistiu á inauguración da exposición que tivo lugar no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.
SERVICIOS SOCIAIS
A concelleira María Castelao asistiu á presentación da memoria da Cruz Vermella
O acto tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos e contou coa presenza da concelleira de Servicios Sociais, María Castelao, o presidente da Cruz Vermella de Santiago, Leopoldo Vaamonde Mosquera e a coordinadora provincial, Carmen Díaz Pache.