PLENO
Pleno sobre o Estado do Concello
Consulte integramente o debate sobre o estado do Concello celebrado o 15 de decembro de 2010
EDUCACIÓN
Os gañadores do XV Premio Literario Ánxel Casal aseguran o futuro da literatura galega
No ano no que se cumpren 115 anos do nacemento de Ánxel Casal, o Salón Nobre do Concello acolleu a entrega da XV edición do premio literario que leva o nome deste ilustre galeguista. Esta convocatoria destacou pola alta calidade dos traballos presentados, especialmente no campo da poesía, tal como resaltaron os membros do xurado.
DEPORTES
Máis de 600 deportistas competirán no Campionato de España de Karate
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Deportes, Bernardino Rama, acompañados do presidente da Real Federación Española de Karate, Antonio Moreno, presentaron o Campionato de España de Karate cadete, júnior e Copa Sub-21, que se desenvolverá no Multiúsos Fontes do Sar o sábado 18 e o domingo 19 de decembro. 608 deportistas, pertencentes a 17 federacións autonómicas competirán polos títulos nas diferentes categorías.
TRANSPORTES
Os condutores do transporte urbano fórmanse no manexo das novas canceladoras
O concelleiro de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, e o xerente de TUSSA, José Ramón Mosquera, visitaron as instalacións en Amio da operadora do transporte urbano Tralusa. Alí puideron coñecer de primeira man o plan de formación dos condutores cara a posta en funcionamento, a vindeira semana, das novas máquinas expendedoras de billetes e lectoras das tarxetas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Estatístico 2010 incorpora seis novos apartados con datos sobre aparcamentos, transporte ferroviario, taxis, correos, dependencia e emigración e inmigración
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Estatístico 2010. O obxectivo da publicación, que contén datos do 2009, é amosar a evolución e a situación actual do Concello de Santiago a través dunha análise rigorosa, en cifras, da súa realidade económica, social e cultural.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co líder da antiga Igrexa Ortodoxa Grega en Xerusalén
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo reuniuse en Raxoi co arcebispo de Sebaste, Theodosius Atallah Hanna, quen está en Santiago para manter diversos contactos con autoridades civís e eclesiásticas.
CULTURA
"A Nona", de Teatro do Morcego, estará no Principal o 18 e o 19 de decembro
Dentro da programación da Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, esta fin de semana -sábado e domingo ás 21:00 horas- poderemos asistir ao novo espectáculo de Teatro do Morcego, A Nona, unha comedia grotesca que nos fará rir pero tamén reflexionar.
COMERCIO
Vinte e nove comercios de Compostela inscribíronse na Edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
Vintenove comercios de Compostela inscribíronse na edición de Nadal do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2010, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Os sectores representados son os de moda e complementos, alimentación, artesanía, óptica, iluminación e fotografía, entre outros.
CIDADE HISTÓRICA
"Compostela 2021. A cidade intuída", un congreso para imaxinar a cidade na que desexamos vivir neste século
"Coa finalización deste ano Xacobeo 2010 e ata a chegada do próximo no ano 2021 ábrese un amplo paréntese temporal que non deixa de ser unha boa oportunidade para pór en común e imaxinar que futuro queremos para a nosa cidade". Con estas intencións comunicou a concelleira da Cidade Histórica, Olga Pedreira, a celebración do congreso Compostela 2021. A Cidade intuída, acompañada por Javier Fernández, xefe da Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Novi Ius Avogados, o restaurante O Dezaseis e Atlántica de Información e Comunicación de Galicia reciben os Premios Manuel Beiras
O Concello e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela entregaron os galardóns da décimo primeira edición dos Premios Manuel Beiras. Nesta ocasión os premiados foron o gabinete Novi lus Avogados, o restaurante O Dezaseis e Atlántica de Información e Comunicación de Galicia.