CIRCULACIÓN VIARIA
As 321 tarxetas de aparcamento de residentes concedidas en Pontepedriña entrarán en vigor a partir do 6 de decembro
Os veciños e veciñas de Pontepedriña realizaron 443 solicitudes de tarxetas de residentes para o estacionamento, das que foron autorizadas 321, segundo indicou a concelleira de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano. Os usuarios destas tarxetas, que se conceden de balde, poden facer uso delas dende o luns 6 de decembro.
EDUCACIÓN
Tintimán traza un aventureiro itinerario educativo por Compostela
Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, de Jaureguízar, é a primeira entrega dunha serie de novelas que teñen como protagonista a Tintimán. A Concellería de Educación servirase deste personaxe para a promoción da lectura e do coñecemento da cidade dentro das actividades de Nadalxogo.
EDUCACIÓN
Afonso Francisco Traficante, Brais Lamela e Lara Porto gañan o XV Premio Ánxel Casal
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, deu a coñecer o nome dos gañadores do XV Premio Literario Ánxel Casal. Afonso Francisco Traficante Fernández, Brais Lamela Gómez e Lara Porto Mato foron os gañadores, respectivamente, nas modalidades de poesía, conto e teatro. En total, presentáronse 56 traballos.
CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS
A segunda edición do programa "Apalpando as ilusións" achega 315 actividades socioculturais e de conciliación á cidade
O Apalpador, a figura mítica do Nadal galego, volve este ano a Compostela cargado de actividades para público familiar. A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou o programa Apalpando as ilusións co que o seu departamento ofrece 315 actividades transversais para todos os públicos: obradoiros, maxia, música, teatro, monicreques, cine e accións para conciliar a vida laboral e familiar. Desenvolverase do 1 de decembro ao 7 de xaneiro en 30 centros e locais socioculturais, ademais do Auditorio de...
ALCALDÍA
O comisario de Política Rexional da UE analizou co alcalde a necesidade de máis Fondos Europeos no período 2014-2020 para os territorios de fronteira
O comisario Hanh acepta a invitación do alcalde compostelán de presidir un Foro Europeo de Cooperación Transfronteiriza a finais de 2011.
ALCALDÍA
A presidenta do Comité das Rexións da UE comprométese a que a CECICN participe na definición das políticas transfronterizas
No mes de xaneiro haberá unha primeira reunión en Bruxelas que abordará os problemas que afectan aos territorios de fronteira como cuestións destacadas do Mercado Interior da UE, xunto á saúde, os transportes, a loxística empresarial, etc.
CIDADE HISTÓRICA
A Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación, galardoada co Premio Cidades Patrimonio da Humanidade
O Ministerio de Cultura fallou os premios Cidades Patrimonio da Humanidade. O primeiro premio, dotado con 30.000 euros, foi para a Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCiHR).
CULTURA
Chega a Sons da Diversidade Lokua Kanza, unha das voces máis delicadas de África
O congolés Lokua Kanza, unha das voces máis delicadas e sofisticadas da música actual, será o protagonista do segundo concerto da tempada 2010-2011 do ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura. A cita será o sábado 4 de decembro ás 21:00 horas e as entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.