INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
O Concello reúnese cos veciños para explicarlles as modificacións no tráfico por mor das obras do túnel do Hórreo
O Concello e o Ministerio de Fomento deron conta, nunha reunión celebrada na Cámara de Comercio, das modificacións e alteracións na circulación que sufrirá a zona do Hórreo derivadas das obras de construción do túnel. Estaban convocados todos os presidentes das comunidades de veciños do ámbito, aínda que a sesión foi aberta e estiveron presentes todos aqueles que o desexaron.
EDUCACIÓN
Máis de vinte entidades amosan o seu traballo solidario no Foro das ONG
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou o X Foro das Organizacións Non Gobernamentais, co que se abre a Quincena da paz, a convivencia e a solidariedade. O sábado 31 de xaneiro, no Centro Comercial Área Central, celebrarase este encontro, no que máis de vinte entidades darán a coñecer á cidadanía compostelá os seus materiais didácticos, proxectos, produtos de comercio xusto e iniciativas.
CULTURA
Teatro Ensalle chega ao Principal con "A estratexia da avestruz"
Presentouse en Raxoi a obra teatral A estratexia da avestruz, que a compañía Teatro Ensalle vai poñer en escena no Teatro Principal os días 30 e 31 de xaneiro a partir das 21:00 horas.
EDUCACIÓN
Máis de 2.000 pequenos de 4 a 8 anos disfrutaron co espectáculo "A cama voadora"
Remataron esta mañá as representacións de A cama voadora no Teatro Principal. En total, foron oito funcións desta obra didáctica posta en escena por Calamar Teatro, ás que asistiron máis de 2.000 escolares de 4 a 8 anos.
PLENO
Visto bo do Pleno á construción do Museo de Historia Natural e do edificio de Portos de Galicia
Coa aprobación definitiva polo Pleno das modificacións puntuais do Plan especial da Cidade Histórica no ámbito do Parque Universitario de Vista Alegre e do Plan parcial do SUNP-16 de Volta do Castro, é xa posible acometer a construción, respectivamente do Museo de Historia Natural "Luis Iglesias" e do novo edificio de Portos de Galicia.
CIDADE HISTÓRICA
Comeza a fase de difusión e comercialización do acceso a internet a través da rede Wimax
Rematado a finais de 2008 o despregue da Rede Wimax do Casco Histórico iCompostela, e concluídos os axustes técnicos para a súa posta a punto, a Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica vai desenvolver unha campaña informativa para dar a coñecer entre a veciñanza as características da Rede e os servizos aos que, dende xa, poden acceder.