NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Premio Manuel Beiras segue a recoñecer o uso normalizado do galego no comercio
A Concello de Santiago e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación convocan a IX edición dos Premios Manuel Beiras. Estes premios recoñecen o esforzo que realizan as empresas de Compostela no proceso de facer normal o uso da lingua galega.
ALCALDÍA
O alcalde atopa "correcta, positiva e complementaria" a proposta para Santiago do Plan Sectorial de Vivenda
A previsión de 3.000 vivendas protexidas do Plan Sectorial de Vivenda para a zona de Mallou é considerada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo como "correcta, positiva e complementaria" coa actuación municipal en materia de vivenda. Esta dotación unirase ás 6.000 promovidas pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo (EMUVISSA) no mesmo período.
ALCALDÍA
Relevo na Xefatura da Comandancia da Garda Civil da Coruña
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao coronel xefe da Comandancia da Garda Civil da Coruña, José Furelos Mogo, que se despide do cargo.
CULTURA
O papel da comunicación nas cidades, a debate en Santiago
O IV Foro da Cidadanía e a Comunicación reúnese en Santiago do 13 ao 15 de novembro, para por en común métodos e experiencias que sirvan para comprender as actividades comunicativas nas cidades galegas e do norte de Portugal. O programa do Foro incluía unha visita ao Concello, onde foron recibidos pola concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e parte da Corporación municipal.
CULTURA
O director catalán Jaime Rosales recibe o Premio Cineuropa 2008
O festival Cineuropa 2008 vivirá o sábado 15 de novembro unha das súas xornadas máis especiais, coa entrega do premio Cineuropa ao cineasta catalán Jaime Rosales. A gala, que se vai celebrar ás 17:00 horas no Teatro Principal, contará coa presenza do propio director e vai estar presidida pola concelleira de Cultura, Socorro García, que entregará persoalmente o galardón.
ALCALDÍA
O Concello únese ao Día Mundial da Diabetes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse á carpa que a Asociación Compostela de Diabéticos instalou no Toural con motivo do Día Mundial da Diabetes. Na mesma ofrecíase información sobre as causas, os tratamentos e as complicacións asociadas a esta enfermidade.