TRANSPORTES
Santiago contará con tres taxis adaptados en 2009
O concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, anunciou que en 2009 o Concello concederá licenzas para tres taxis adaptados. Así se contempla no plan de implantación deste transporte contemplado polo Concello, que levará a un total de oito vehículos adaptados en 2017.
TRANSPORTES
O servizo de aluguer de bicicletas supera os 350 usuarios nos primeiros catro meses de funcionamento
Son xa 357 os usuarios do servizo municipal de aluguer nos primeiros catro meses de funcionamento. Así o indicou o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, que fixo un balance positivo da implantación deste sistema, que se traduciu en 1.891 desprazamentos neste período.
CULTURA
O fenómeno "Gomorra" chega a Cineuropa
A XXII edición do Festival Cineuropa, organizado pola concellaría de Cultura, permitirá aos afeccionados ao cinema coñecer de primeira man o que está a ser, sen dúbida, o filme do ano: Gomorra. A película, de Matteo Garrone, conta a historia do crime organizado iniciado pola mafia napolitana. Separado en cinco episodios ben definidos, o filme relata a historia dun territorio delimitado polas localidades de Secondigliano, Nápoles, Castelvolturno e Terzigno, rexido polo poder, a corrupción, a violencia e o crime.
TURISMO
Comezan os Talleres gastronómicos para nenos e as catas de viños e produtos galegos de "Santiago Repetirás"
O Hostal dos Reis Católicos acollerá o sábado 15 de novembro as primeiras actividades gastronómicas do Programa de Desestacionalización organizado por Turismo de Santiago, Santiago Repetirás. Serán os Obradoiros gastronómicos para rapaces de entre 6 e 12 anos e as catas de produtos galegos maridadas cos viños do país con Denominación de Orixe. As actividades, ademais de aos visitantes, están abertas tamén a todas as persoas de Santiago que queran participar. As reservas poden facerse en...