EDUCACIÓN
Seguen a chegar os nenos e nenas saharauís que pasarán o verán con familias compostelás
Un ano máis, chegan os nenos e nenas saharauís que serán acollidos por familias compostelás no marco do programa "Vacacións en paz". Este ano tratase de oito rapaces entre 6 e 14 anos, que proceden dos campamentos de refuxiados da zona de Tinduf, no suroeste de Alxeria.
ALCALDÍA
Compostela irmandarase coa vila portuguesa de Santiago do Cacém
O mércores 11, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará a Santiago do Cacém (Portugal) para a asistir ao acto de irmandamento con esta vila. Representantes municipais e autonómicos asistirán a este evento, no que tamén ten confirmada a súa presenza o presidente da República Portuguesa, Aníbal Cavaco Silva.
INFRAESTRUTURAS
Trece empresas optan á construción da nova terminal de Lavacolla
Na súa habitual rolda de prensa dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que AENA pechou o prazo de presentación de ofertas para a construción da nova terminal de viaxeiros de Lavacolla. Trece empresas, a maioría, unidades temporais de emprego, participan no concurso.
SEGURIDADE
Reforzo na seguridade nas vésperas do 25 de xullo
O nivel de seguridade na cidade nas proximidades do 25 de xullo será semellante ao dun Ano Santo. Así o indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito do reforzo da presenza policial que nestes días se está a detectar na cidade.
COMERCIO
Promoción Económica e Comercio reparte 2.500 bases da edición de verán de Escaparatismo entre os comerciantes
O 13 de xullo remata o prazo para inscribirse na Edición de verán do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007. A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo xa remitiu as bases do certame aos aproximadamente 2.500 comercios que existen en Santiago.
PARQUES E XARDÍNS
O Parque da Constitución estreou os seus novos espazos deportivos
Os veciños de Compostela xa poden disfrutar dos novos espazos deportivos e para maiores do Parque da Constitución. Esta gran zona de lecer do Ensanche convértese así nun lugar para a integración entre xeracións e o mantemento físico.
REHABILITACIÓN
As axudas para Rehabilitación estenderanse a todo o territorio municipal
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Socorro García Conde, e a Conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, mantiveron unha reunión que foi cualificada polas dúas como "moi frutífera" xa que concordaron totalmente na súa visión acerca da política de rehabilitación en Compostela.