ALCALDÍA
Os ingresos polos usos residenciais e terciarios empregaranse integramente para financiar a construción da nova estación do AVE
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que en poucos días estará redactado o texto que plasmará o principio de acordo ao que o Concello chegou coa Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), trala xuntanza mantida en Madrid o martes 10 de xullo. O acordo fixa, entre outros aspectos, que a totalidade do xerado polo aproveitamento urbanístico da operación se utilizará para financiar a construción da estación do AVE.
ALCALDÍA
A Universidade da Coruña entrégalle ao Concello de Santiago unha medalla conmemorativa de "Aulas no Camiño"
Os participantes no proxecto cultural e de investigación "Aulas do Camiño", organizado pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol), foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí entregáronlle unha medalla conmemorativa destes cursos en nome da institución académica herculina.
TURISMO
As pernoctacións do primeiro semestre de 2007 superan ás de todos os anos precedentes
As 389.641 noites de aloxamento facturadas polos hoteis composteláns no primeiro semestre do 2007 superan ás de todos os anos precedentes, sen excepción, dende o 2004. Isto supón unha media de ocupación hoteleira dun 46,74%. Así se desprende dos datos sobre este período presentados polo concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
CONSORCIO
A arquitectura contemporánea de Vorarlberg (Austria) exponse na igrexa de Santa María do Camiño
Vorarlberg é unha rexión austríaca na que destaca o gran número de construcións de arquitectura contemporánea que alberga. A expresión desta punteira e sostible arquitectura recóllese na mostra "Provocación construtiva", que estará aberta na igrexa de Sta. María do Camiño (rúa Travesa, 3) entre o 13 de xullo e o 13 de setembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os interesados na formación que oferta Compostela Activa poden escoller entre tres franxas horarias e nove cursos
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo xa colgou na súa páxina web, www.maiscompostela.org, no microsite de Compostela Activa, a enquisa sobre a oferta formativa deste programa.
PLENO
PSOE e BNG explicaron en Pleno o Acordo de Goberno 2007-2011
Nun pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular, o PSdeG-PSOE e o BNG explicaron o Acordo de Goberno 2007-2011 subscrito entre ámbalas formacións o 19 de xuño. O alcalde, o tenente de alcalde e os voceiros dos dous grupos municipais ratificaron os compromisos asinados entón e responderon ás preguntas do voceiro do PP, Gerardo Conde Roa, sobre os mesmos.
FESTAS
A actriz Isabel Blanco declara na apertura das Festas a súa "pertenza sentimental a Compostela"
As Festas do Apóstolo xa están en marcha. A actriz galega Isabel Blanco encargouse de abrilas co tradicional pregón dende os balcóns do pazo de Raxoi. Abaixo, na praza do obradoiro, milleiros de persoas escoitaron as verbas dunha pregoeira que falou da súa relación con Compostela.
FESTAS
Serrat e Sabina presentan en Santiago a súa xira conxunta, "Dos pájaros de un tiro"
As Festas do Apóstolo arrincan cun cartel de luxo. Agárdanos 19 días cheos de actividades, grandes espectáculos e concertos pensados para o goce de toda a familia, os máis mozos e os turistas. As Festas arrincan coa lectura do pregón a mans da actriz galega Isabel Blanco, que dará paso ao concerto da cantante de Operación Triunfo, Soraya Arnelas quen presentará o seu novo disco, "Ochenta´s".