CENTROS SOCIOCULTURAIS
A VI Semana Cultural de Fontiñas invita a xogar cos sentidos
A concelleira en funcións de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou a VI Semana Cultural do centro de Fontiñas. Baixo o lema "Con todos os sentidos", este espazo ten preparado un amplo programa de actividades para todos do martes 5 ao sábado 9 de xuño.
URBANISMO
Aprobado o Plan especial para as novas instalacións do Colexio Peleteiro en Monte Redondo (Montouto)
A Xunta de Goberno aprobou provisionalmente o Plan especial de equipamento docente de Monte Redondo (Montouto), que permitirá a construción do novo complexo do Colexio Manuel Peleteiro. A aprobación definitiva, tal como marca a Lei do Solo por ser un terreo rústico, corresponderá á Xunta nun prazo máximo de tres meses.
DEPORTES
Compostela acollerá o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual
As estradas e rúas de Compostela acollerán o domingo 10 de xuño o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual, nas súas categorías de elite Sub-23 e Sub-21. A Xunta de Galicia aprobou a celebración desta proba, que sairá de Salgueiriños e rematará en Xoan XXIII.
EDUCACIÓN
Nova edición do Concurso Literario Ánxel Casal
O Goberno local aprobou as bases da convocatoria da que será a XIII edición do Concurso Literario Ánxel Casal, nas súas modalidades de conto, poesía e teatro. O orzamento é de 5.990 euros.