PROMOCIÓN ECONÓMICA
Inaugurado o curso "Domótica: vivendas intelixentes"
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, inaugurou oficialmente o curso ‘Domótica: vivendas intelixentes’, organizado por esta Concellaría ao abeiro do Plan FIP. Esta actividade formativa ten carácter experimental, xa que é a primeira vez que se organiza un curso sobre está temática na bisbarra compostelá. O curso desenvólvese nas dependencias que a Concellaría ten na rúa Pérez Constanti e nel toman parte 15 alumnos con coñecementos en electrónica,...
URBANISMO
O Goberno municipal chama á tranquilidade en relación á sentenza xudicial que afecta ao Sunp-12 de Lamas de Abade
O concelleiro de Urbanismo, Luís Toxo, fixo unha chamada á tranquilidade respecto á sentenza xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o desenvolvemento do solo Sunp-12, en Lamas de Abade. Lembrou que non se trata dunha sentenza firme e que, polo tanto, pode continuar o desenvolvemento desta superficie.
CULTURA
"A cidade interpretada" invita a reflexionar sobre a arte e os espazos públicos de Compostela
Amosar que a obra de arte situada no espazo público pode ser un estímulo en un medio de conciencia da presenza activa dos cidadáns é o obxectivo do proxecto "A cidade interpretada". Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Cultura que xira arredor do binomio arte e espazo público e que terá lugar, baixo o comisariado de Pablo Fanego, de setembro a decembro do 2006.
TURISMO
Santiago asiste á reunión da Comisión Executiva do Spain Convention Bureau
O Spain Convention Bureau, órgano da Federación Española de Municipios e Provincias presidido polo concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela, celebra o mércores 13 de setembro en Madrid unha xuntanza na que abordará o plan de actuación conxunta con Turespaña deste ano e do 2007.
SANIDADE
Galeras terá novo centro de saúde en 2008 e Conxo, en 2009
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Sanidade, María José Rubio, asinaron na Casa do Concello un convenio no que se establecen as bases para a futura construción de dous centros de saúde, en Galeras e en Conxo. O primeiro deles comezará a construírse en 2007 e, segundo as previsión da Consellería, poderería estar rematado no trascurso de 2008, ano no que se iniciarán as obras do centro de Conxo.
ALCALDÍA
Santiago e Italia, unidos polo Camiño
O proxecto "Os camiños de Europa" está a desenvolver unha serie de accións dirixidas á valorización integrada dos territorios atravesados polos principais itinerarios culturais europeos: o Camiño de Santiago e a Vía Francigena. Un grupo de parlamentarios italianos, que participan nesta iniciativa de cooperación, foron recibidos polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. A delegación fixo un tramo do Camiño e chegou á cidade co bispo auxiliar de Roma, Rino Fisichella á...