EDUCACIÓN
Ábrese o prazo de preinscrición da Escola Municipal de Música
A Escola Municipal de Música abre o prazo de preinscrición para o curso 2006-2007. Un ano máis, ofrece ensinanzas de música e movemento para rapaces de catro a sete anos, así como diversas especialidades instrumentais para alumnos a partir de oito anos. O prazo permanecerá aberto ata o 31 de maio.
EDUCACIÓN
Primeiros alumnos para a Escola Infantil Municipal de Fontiñas
A Escola Infantil Municipal de Fontiñas contará este vindeiro curso cos seus primeiros 61 alumnos. Con esta fin, dende o mércores 3 de maio e ata o 31 deste mesmo mes, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nas súas catro aulas. A Escola está dirixida a nenos e nenas do primeiro ciclo de educación infantil con idades de tres meses a tres anos.
SERVIZOS SOCIAIS
O Concello promove a sensibilización e promoción do voluntariado
"Sácalle punta e participa" é o título dunha campaña coa que se pretende sensibilizar ós máis novos sobre a importancia da actividade do voluntariado. Esta iniciativa desenvólvese nos centros de bacharelato e formación profesional da cidade a través dun xogo de rol chamado "A pequena cidade", na que os mozos e mozas a partir de 16 anos se implican na busca de solucións a unha situación determinada.