TRANSPORTES
Pulo definitivo ao Plan de Transporte Metropolitano
A posta en marcha do Plan de Transporte Metropolitano para a área de Santiago está cada vez máis preto, tralo convenio asinado entre os alcaldes de Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, Teo, Val do Dubra e Vedra coa conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte, María José Caride. Este convenio establece unha importante mellora da oferta de transporte público nesta área de influencia, con novos itinerarios, unha política tarifaria e a renovación de infraestruturas e...
PREMIOS
Teresa Moure, Álvaro Pombo e Melania Mazzucco recolleron os premios San Clemente
O instituto Rosalía de Castro acolleu a entrega dos premios San Clemente. Nesta décimo primeira edición os galardoados foron: Teresa Moure, por A xeira das árbores, na categoría de novela galega; Álvaro Pombo, por Una ventana al norte, no apartado de novela en castelán, e Melania Mazzucco por Vita, na categoría de novela en lingua estranxeira traducida ao castelán ou ao galego.
CULTURA
Xornadas da francofonía en Santiago de Compostela
A Concellaría de Cultura colabora nas primeiras Xornadas da francofonía en Santiago de Compostela, que se celebrarán os días 15 e 16 de maio na Aula de Cultura de Caixa Galicia. O programa do evento, iniciativa da Embaixada de Francia en España, inclúe diversas actividades de carácter académico, cultural e lúdico.
EXPOVIVENDA
Mostra do mercado inmobiliario en Amio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez asistiu xunto ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, á inauguración de "Expovivenda 2006". Esta mostra do mercado inmobiliaro acolle a case 130 expositores, do 12 ao 14 de maio, no recinto feiral de Amio.