PERSOAL
Despedida aos cinco traballadores que se xubilan este ano
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no mediodía do xoves 21 aos tres dos cinco traballadores do Concello que se xubilan este ano.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de produtos imperecedoiros ao Cottolengo
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, visitaron o Cottolengo para facerlle entrega de produtos imperecedoiros.
FESTAS
Música e xogos nas prazas durante as festas do Nadal
A concellaría de Festas vén de presentar as actividades lúdicas previstas para este Nadal nas prazas da cidade. Música, xogos tradicionais, animación de rúa, un carteiro real e a cabalgata de Reis conforman o programa para estas festas.
ALCALDÍA
Dous novos libros promovidos pola Fundación Comarcal de Santiago poñen en valor o Camiño Portugués entre os máis pequenos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado dos rexedores de Ames, Carlos Fernández; Brión, José Luis García; e Teo, Armando Blando, encabezou o acto de presentación de dous novos libros que queren poñer en valor o camiño portugués entre os máis novos.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta por novos produtos e por unha intensa promoción no 2007
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, presentou en rolda de prensa as liñas que definirán o traballo turístico da capital galega o vindeiro ano. Nelas destaca a creación dun gran foro gastronómico anual que converterá a Santiago na capital da cociña atlántica; a mellora da accesibilidade ao patrimonio relixioso e a asistencia a preto de medio centenar de feiras e presentacións.
ALCALDÍA
O alcalde recibe ao novo director rexional de Aquagest en Galicia
O rexedor compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi, ao recén nomeado director rexional de Aquagest en Galicia, Alfonso Luaces.
CASCO HISTÓRICO
A Comisión Asesora do Casco Histórico aprobou a restauración da Capela Xeral das Ánimas
Tamén obtiveron o visto e prace as obras de restauración do convento das Mercedarias e o Plan director da Casa do Cabildo na Praza de Praterías.