CONSORCIO
Galicia e Portugal intercambian experiencias en torno á creación contemporánea
O Consorcio de Santiago e A Chocolatería queren abrir espazos de difusión da arte contemporánea no contexto Atlántico. Neste marco desenvolveranse os "Diálogos ibéricos", un grupo de obradoiros para fomentar o intercambio entre artistas galegos e portugueses. Trátase de fomentar un diálogo que traspase a fronteira nun campo, a arte, no que historicamente non se deu o mesmo contacto que se produce neutros ámbitos culturais e económicos.
TURISMO
Santiago, un modelo tamén para Alemaña
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, recibiu na Casa do Concello a unha delegación de parlamentarios de Baviera (Alemaña), interesados en coñecer algunhas das iniciativas desenvolvidas no noso Concello.
XUNTA DE GOBERNO
Dous estudos definirán antes de fin de ano as actuacións arquitectónicas para as ARI de Vista Alegre e Pontepedriña
A Xunta de Goberno local aprobou a adxudicación das dúas asistencias técnicas que redactarán os estudos previos de directrices e solucións arquitectónicas para as áreas de rehabilitación integral (ARI) de Vista Alegre e Pontepedriña. Estes informes permitirán facer un diagnóstico preciso das actuacións a realizar e informar aos veciños sobre as mesmas.
EDUCACIÓN
Nova edición do programa "Coñecer as cidades patrimonio"
Un ano máis ponse en marcha o programa "Coñecer as cidades patrimonio". A iniciativa permitirá a alumnos e alumnas de educación secundaria obrigatoria "coñecer a súa propia cidade e o resto de cidades españolas que tamén son patrimonio da humanidade", segundo apuntou a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos.
TRANSPORTES
Preto de 150.000 cidadáns beneficiaranse do servizo de Transporte Metropolitano
Os habitantes dos concellos de Santiago, Ames, Boqueixón, Brión, Oroso, Teo, Val do Dubra e Vedra disporán a partir do martes 3 dun servizo de Transporte Metropolitano. Serán uns 150.000 cidadáns os que se beneficiarán dun servizo que contempla novas paradas e itinerarios e un unha significativa redución do custo do billete.