FACENDA
Actualízanse as ordenanzas fiscais para 2007
O concelleiro de Facenda, Xaquín Fernández Leiceaga presentou o proxecto de Ordenanzas Fiscais para o ano 2007, que presenta poucas novidades significativas. Na maior parte das ordenanzas unicamente se produciu a súa actualización, en función da subida do Índice de Prezos ao Consumo (IPC), fixada nun 2,9%.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Educación e Mocidade presenta o seu programa de actividades para o curso
Como cada ano, a Concellería de Educación e Mocidade presentou os seus programas e recursos para o curso 2006-2007. Aparecen recollidos nunha publicación, que recompila todas as actividades que este Departamento, ben dun xeito directo ou a través doutras entidades, pon a disposición da comunidade educativa.
CULTURA
Un festival solidario convida a tomar conciencia sobre os trastornos alimenticios
Chamar a atención sobre as causas e os efectos das enfermidades motivadas polos trastornos alimenticios é o obxectivo do Festival Solidario que o venres 20, ás 20:30 horas, se celebra na Sala Mozart Auditorio de Galicia. Con esta gala, a Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia (Abagal) quere convidar á sociedade a tomar conciencia sobre un problema que está de plena actualidade e que afecta sobre todo aos máis novos.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
O Servizo Local do Programa Xuventude permitiu acoller en Compostela a 48 voluntarios europeos
O Programa Europeo Xuventude permite aos xóvenes do continente acceder ás posibilidades que ofrece Europa para o fomento dos intercambios, a través da ecuación intercultural e da aprendizaxe das linguas. Desta iniciativa de voluntariado ocúpase en Compostela un Servizo Local, conveniado entre a Escola de Tempo Libre Don Bosco e a Concellaría de Educación e Mocidade. Ata a actualidade este servizo permitiu chegar a Compostela a 48 mozos de diversos países europeos e a saída de 38 composteláns.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Novos cursos de formación para titulados universitarios
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego pon en marcha unha serie de cursos de formación dirixidos a titulados universitarios, organizados en colaboración coa Universidade de Santiago e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo.
CULTURA
A Chocolataría exhibe a obra dalgúns dos máis representativos artistas plásticos cubanos
"Habana Fáctory" é o título da nova exposición que chega a A Chocolataría e que permitirá amosar a obra dalgúns dos artistas plásticos cubanos máis representativos da actualidade. A mostra ábrese o veneres 20 de outubro e permanecerá ata o último día do 2006.
INFRAESTRUTURAS
Bernardino Rama informará no Pleno da situación das obras do Parque Comarcal de Bombeiros
O Concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama Seoane, vén de solictiar ao alcalde comparecer na sesión ordinaria do Pleno da Corporación que terá lugar o xoves, 26 de outubro de 2006, para informar da situación das obras do Parque Comarcal de Bombeiros.