BENESTAR SOCIAL
O programa "De bo rollo" insiste en mellorar a convivencia nos centros escolares
Por segundo ano consecutivo, ponse en marcha o programa "De bo rollo", co obxectivo de mellorar a convivencia e previr conflitos nos centros escolares. Alumnos de 1º e 2º da ESO participarán nesta iniciativa, que se articula en torno a dous subprogramas: un de habilidades sociais e outro de actividades alternativas para os recreos. O curso pasado participaron 159 alumnos do IES Antonio Fraguas e do IES de Sar.
CASCO HISTÓRICO
Santiago debateu sobre turismo sostible coas cidades Patrimonio da Humanidade dos países mediterráneos
A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, participou en Córdoba na VI Conferencia Rexional da OCPM para Europa do Sur e Mediterráneo. Neste encontro, que se desenvolveu dende o día 15 ata o mediodía de hoxe, sentáronse as bases de traballo das cidades Patrimonio da Europa do Sur para os vindeiros dous anos.
ALCALDÍA
O Concello únese á celebración do 150 aniversario da creación da Facultade de Farmacia
A Facultade de Farmacia prepara os actos de conmemoración dos 150 anos da súa creación, que se cumprirán en 2007. O Concello de Santiago non é alleo á importancia desta data e prestará toda a súa colaboración para que se celebre con éxito. Así llo transmitiu o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, á comisión encargada destes actos, presidida polo decano da Facultade, José Miñones Trillo. Tamén estiveron os profesores José María Calleja, Francisco...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Santiago é un referente en materia de vivenda e solo"
Durante a inauguración das xornadas "Instrumentos de xestión urbanística previstos pola lexislación en Galicia", o alcalde compostelán salientou o papel das empresas públicas de vivenda e solo e fixo especial fincapé na importancia de Emuvissa no crecemento integral da cidade de Santiago.
CULTURA
Compostela asocia o seu nome a unha nova colección literaria
A Biblioteca Compostela de narrativa europea permitirá que catro obras de autores contemporáneos estean nas librarías traducidas ao galego. Este nova colección xorde da colaboración entre a Concellaría de Cultura e a editorial Galaxia, plasmada nun convenio ratificado polos seus titulares, Néstor Rego e Víctor Freixanes, respectivamente.
CURTOCIRCUÍTO
"Medianeras", do director arxentino Gustavo Taretto, gaña o Premio do público da rúa no Festival CurtoCircuíto
O luns 16 celebrouse a gala de inauguración da semana grande do Festival CurtoCircuíto, presentada pola actriz Camila Bossa, no Teatro Principal compostelán. Na mesma entregouse o Premio do público, que outorgan os asistentes ás proxeccións realizadas todos os xoves de xullo, agosto e setembro. A gañadora foi "Medianeras", do director arxentino Gustavo Taretto.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Un total de 33 persoas participan na terceira fase de formación do proxecto Equal Compostela Social
Os 33 alumnos inscritos na terceira fase de formación do proxecto Equal Compostela Social comezaron as clases teóricas o luns, 16 de outubro. O 70% dos participantes son mulleres, un dos colectivos aos que vai dirixido o proxecto. Tamén teñen presenza nesta nova fase outros colectivos con dificultades de integración laboral: persoas desempregadas de longa duración, inmigrantes ou emigrantes retornadas e retornados e mozos sen emprego anterior.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comeza un curso de psicomotricidade para a persoa maior
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego dá comezo mércores 18 a un curso de psicomotricidade dirixido a profesionais en activo vinculados ao traballo coa terceira idade. O curso ten unha duración e 20 horas, e celébrase en horario de luns a venres, de 8 a 10 da noite, para non coincidir cos horarios de traballo dos participantes. O seu remate está previsto para o 31 de outubro.