EDUCACIÓN
Comeza a Escola de Verán
Os colexios Pío XII, Monte dos Postes, Quiroga Palacios e Colexiata de Sar acollerán nesta edición as catro horas de actividade diaria á que poden acudir os pequenos de ata 12 anos durante os días 28, 29 e 30 de xuño e 1, 4 e 5 de xullo. Conciliar a vida laboral coa familiar é un dos obxectivos do programa.
CULTURA
"Santiago de Cuba en Compostela" afonda nas relacións entre as dúas cidades irmandadas
A Concellaría de Cultura organiza este ciclo no que durante dez días haberá 30 actividades culturais protagonizados por artistas "santiagueros".
PATRIMONIO
Comeza a cuarta campaña arqueolóxica no Castelo da Rocha
A Universidade de Santiago de Compostela, coa cofinanciación do Consorcio e do Concello compostelán, inicia a cuarta campaña de traballos arqueolóxicos na fortaleza da Rocha, para avanzar no obxectivo último de consolidar o castelo e integralo no rico patrimonio cultural e turístico da cidade.
EDUCACIÓN
O Programa Ferradura Aberta programa actividades lúdicas para rapaces na Alameda
A Xunta de Goberno Local aprobou o orzamento, estimado en 61.000 euros, para levar a cabo a décimo segunda edición deste programa de actividades lúdicas e de lecer, que terá lugar entre os días 13 e 29 de xullo.
TRANSPORTES
O 1 de xullo entran en vigor os horarios de verán no servizo de transporte urbano
Editaranse 25.000 folletos informativos que estarán a disposición dos usuarios, onde se informará da liña de reduccións, que se mantén con respecto a anos anteriores.