PARQUES E XARDÍNS
O barrio de Sar estrea parque infantil
Desde o domingo 13 de novembro, os veciños do Sar poden disfrutar dun reformado parque infantil de máis de 400 metros cadrados.
CULTURA
"Dezaoito mulleres compostelanas da arte" na Fundación Granell
O mércores 16 ás 20 horas inaugúrase unha mostra colectiva organizada pola Asociación de Mulleres Progresistas pro-igualdade Alba, nun acto que correrá a cargo de Natalia Fernández Segarra, directora da Fundación Granell, e do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
A exposición permanecerá aberta ata o 25 de novembro.
CULTURA
Luís Tosar recolle o Premio Cineuropa 2005
Tosar convertiuse na noite do martes 15 de novembro no primeiro actor galego ao que se lle concede o Premio Cineuropa.
URBANISMO
José Manuel Rey Pichel, novo director xerente de Emuvissa
O prestixioso arquitecto José Manuel Rey Pichel, que, entre outras moitas responsabilidades, fora Decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) entre 1989 e 2003, será o novo xerente da Empresa municipal da vivenda e solo de Santiago de Compostela, Emuvissa.
Rey Pichel substiturá na dirección da empresa municipal a Aureliano García González-Llanos que cesara no seu cargo recentemente, ao ser nomeado director xeral de Planificación económica e fondos europeos da Xunta de Galicia.
EIXO ATLÁNTICO
Bugallo reúnese cos máximos representantes de Obras Públicas de Portugal 24 horas antes do cumio ibérico de Évora
O presidente do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reunirase co ministro das Obras Públicas, Transportes e Comunicacións, Mario Lino Soares Correia, e a secretaria de Estado dos Transportes, Ana Paula Vitorino, un día antes da celebración do Cumio Hispano-Luso previsto para o venres e sábado, 18 e 19 de novembro, na cidade portuguesa de Évora.
ALCALDÍA
A conselleira de Educación comprométese a modernizar os centros escolares composteláns
Bugallo mantivo na mañá do martes 15 unha reunión institucional coa conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón na consellería de Educación.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social apoia dúas empresas para "coidar coidadores"
O apoio aos coidadores é o obxecto de dúas novas empresas, Serpreco e Serco, que nacen co apoio da concellería de Benestar Social.