VIVENDA E SOLO
O impulso da área produtiva e loxística da Sionlla será "prioritario" para a Consellería de Vivenda e Solo
A conselleira de Vivenda e Solo, Teresa Táboas, e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo mantiveron unha xuntanza onde abordaron o desenvolvemento do solo industrial e urbano de Santiago.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Xornada técnica para presentar o Proxecto Equal Compostela
Coincidindo co inicio da fase de execución do Proxecto Equal, e coa finalidade de dalo a coñecer aos axentes políticos, económicos, sociais e medios de comunicación, desenvolverase unha Xornada técnica de presentación do Proxecto Equal Compostela Social no Auditorio de Galicia o xoves 20 de outubro.
XUNTA DE GOBERNO
Convocatoria de Xunta de Goberno Local extraordinaria
A Xunta terá un punto único: a aprobación dos proxectos de Ordeanzas fiscais e prezos públicos para o 2006.
PATRIMONIO
Unha exposición fotográfica amosa a Catedral de Sibenik (Croacia), dedicada ao Apóstolo Santiago
O martes 18 inaugúrase no Mosteiro de San Martiño Pinario a exposición fotográfica "Seis belezas do patrimonio da UNESCO: Catedral de Santiago de Sibenik. Patrimonio Cultural da Humanidade". Ao acto asistirá o embaixador de Croacia en España, Filip Vûcak, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, a alcaldesa da cidade croata de Sibenik, Neda Klaric, e o bispo da devandita cidade, Ante Ivas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Club dos Maiores de Fontiñas programa unha excursión a Vigo e ao Morrazo o día 22
A excursión forma parte dun amplo programa de actividades deste Club que trata de dinamizar a vida social e cultural dos maiores de Santiago.
ATENCIÓN AO CIDADÁN
A carpeta cidadá facilita a xestión de novos trámites desde a web
O Concello de Santiago pon a disposición dos composteláns a carpeta cidadán, un novo recurso que facilita a xestión de diversos trámites a través da páxina web municipal. Esta carpeta incorporará progresivamente novos servizos co propósito de achegar a administración local ao cidadán.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Coloquio de Ros Marbá no Centro Sociocultural de Vite
O Director Titular da Real Filharmonía de Galicia, Antoni Ros Marbà, ofrecerá unha charla-coloquio no Centro Socio Cultural de Vite arredor da súa experiencia persoal e profesional.
FILM COMMISSION
Santiago celebra a II edición do Festival Internacional de Curtametraxes
O concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela e responsábel da Santiago de Compostela Film Commission, Francisco Candela e Ángel Luis Hueso, catedrático de Historia do Cinema da Universidade de Santiago de Compostela e presidente do xurado do Festival CurtoCircuíto´05 presentaron a II edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, que se celebrará entre os días 18 e 22 de outubro.
ALCALDÍA
Perto de 200 peregrinos da cidade croata de Sibenik asistirán o 18 de outubro á misa do peregrino na Catedral
Coincidindo coa inauguración dunha exposición sobre o patrimonio histórico-artístico e natural de Croacia, case 200 peregrinos da cidade croata de Sibenik asistirán á misa do peregrino na Catedral.
CULTURA
Unha exposición revisa o movemento cultural galego da década dos 20
"Os artistas de Ánxel Casal. Arte e edición nunha Galiza entusiasmada" inaugurarase na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia o 20 de outubro, onde estará exposta ata o 11 de decembro. A mostra reúne a práctica totalidade dos libros e publicacións que a editorial "Nós" de Casal editou co deseño gráfico das individualidades máis atrevidas da arte galega da década dos 20 aos 30.