ALCALDÍA
O alcalde compostelán entrega das propostas sobre a Cidade da Cultura
Tanto o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, como a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, recibiron de mans do alcalde compostelán as propostas sobre o futuro do proxecto do Gaiás ás que chegaron o grupo de expertos reunido os pasados 24 e 25 de febreiro.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
"Culturas para compartir" Xitanos hoxe
A Fundación Secretariado Xitano e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago desenvolven o programa "Culturas para compartir: Xitanos hoxe" entre marzo e abril. O programa abrangue dúas propostas: unha exposición didáctica para centros de ensino de primaria e secundaria e un curso de formación para profesorado.
BENESTAR SOCIAL
Xuntanza da Rede Municipalista Solidaria
Por terceiro ano consecutivo, a Rede Municipalista Solidaria enceta as súas xuntanzas no presente mes de marzo.
O Concello de Santiago de Compostela, socio dende o 1999, acolle o venres 24 de marzo ás 11.30 h. no Centro Sociocultural das Fontiñas a reunión da RMS da Área 3 das 7 nas que se reparte a totalidade dos socios por todo Galicia; a dita área pertencen os concellos socios da zona Sur da provincia de A Coruña: Ames, A Pobra, Boiro, Brión, Lousame, Noia, Outes, Porto do Son, Rianxo, Santiago e Corcubión.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Programa de teatro para secundaria
Os días 27 e 28 de marzo no Teatro Principal representarase o programa de teatro-forum "CACHAI" da Compañía Plan de Fugas coa colaboración do Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A historia do selo en España, no Centro Sociocultural das Fontiñas
A exposición, organizada polo Grupo Afinsa en colaboración co Concello, repasa a historia do selo en España.
PARQUES E XARDÍNS
A posta en valor do patrimonio natural
O concello segue adiante co proxecto de construír un itinerario verde que una todos os parques da cidade.
DÍA DA AUGA
A chuvia fíxose presente no Día da Auga
Arredor de 170 nenos e nenas do CEIP Roxos-Villestro, da Escola Rural Feáns-Villestro e da Escola Rural Rial-Laraño participaron nas actividades conmemorativas que o Concello organizou no Día da Auga, e celebrar así mesmo o Día da Árbore, no parque de Brandía.
TURISMO
O programa ‘Ciudades para el siglo XXI’ grava durante 10 días en Santiago
Televisión Española despraza tres unidades móbiles á capital galega para gravar durante 10 días, coa colaboración da Santiago de Compostela Film Commission, un monográfico da serie que se emite semanalmente na segunda cadea.
MEDIO AMBIENTE
O Concello distribúe 75 novos composteiros para reciclar o lixo orgánico
A finalidade deste proxecto, posto en marcha pola Concellería de Medio Ambiente, é a substitución do actual sistema de xestión do lixo nas zonas que sexa posible como vivendas con horta ou xardín, colexios, etcétera.
AUDITORIO DE GALICIA
O Auditorio acolle unha audición para escolares dedicada aos instrumentos de percusión
Dentro do ciclo Concertos Didácticos o Auditorio de Galicia ofrecerá mañá, mércores 22, en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 unha actuación de N’CAYMAN PERCUSSION.