TURISMO
O 70% dos visitantes de Santiago son turistas e permanecen 2,4 días na cidade
O Centro de Estudos Turísticos (CETUR), organismo xurdido a partir do Plan de Excelencia Turística, presentou no Concello e Santiago o seu ‘Estudo de Caracterización da Demanda Turística’, realizado durante os catro trimestres de 2005.
EDUCACIÓN
Programa de actividades da campaña de animación á lectura para o venres 7
A campaña "Un, dous, tres…que les?" ten como obxectivo promocionar a lectura como un dos elementos básicos na formación integral das persoas.
ALCALDÍA
A asamblea da Cruz Vermella fai balance na Casa do Concello
O presidente de Cruz Vermella en Santiago, Rufino Pérez, e o seu coordinador, Fidel Martín, visitaron o mércores 5 de abril ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo para facer balance dos resultados desta institución na nosa cidade durante o pasado ano.
OBRAS E INFRAESTRUTURAS
Rematan as obras do cinturón arterial de abastecemento de auga potable
O proxecto, que comezara en 2003 a súa primeira fase, tivo un investimento total de 1.828.980 euros, dos cales un un 80% foron financiados polo Fondo de Cohesión da UE.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Clausúrase o Parque infantil de tráfico
Este venres, día 7 de abril, tivo lugar a última sesión do Parque Infantil de Tráfico instalado no Mercado Municipal de Amio. Esta actividade intégrase dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o perigo?", unha iniciativa do Departamento de Educación e Mocidade e no que están a colaborar diferentes entidades directamente implicadas nos labores de protección e seguridade dos cidadáns: Policía Local de Santiago, Protección Civil,...