BENESTAR SOCIAL
Adelaida Negreira presenta ao Consello Municipal de Servizos Sociais a Casa de Asociacións
A Concelleira de Benestar Social presenta ao Consello Municipal de Servizos Sociais as últimas iniciativas que o seu departamento está a desenvolver a favor das organizacións de iniciativa social: a Casa de Asociacións de Servizos Sociais e a Guía de Organizacións de Iniciativa Social.
TURISMO
A revista 'En Compostela' dedica o seu número de 2006 ao turismo 'sen présas'
O concelleiro de Turismo da cidade, Francisco Candela, presentou o cuarto número da revista anual ‘En Compostela’ e unha guía cultural anual que se distribuirá a axentes de viaxe, hoteis e oficinas de turismo.
CONCELLO
O Concello celebra a Xornada de portas abertas
O pazo de Raxoi, sede da Administración local, celebra ao longo do xoves día 20 de abril unha xornada de portas abertas a todos os cidadáns e turistas que queiran coñecer as súas dependencias. Con esta xornada preténdese achegar a Administración Local aos cidadáns, e que poidan coñecer de primeira mao o seu funcionamento. A entrada ao Concello é libre, en horario de 10.00 a 19.00 horas. Aínda que se entregará un folleto explicativo da historia do pazo de Raxoi, haberá un monitor pola mañá...