FESTAS
O actor santiagués Manuel San Martín fará o pregón das festas do Apóstolo, o día 14
O programa abrangue 18 días de festa, máis de 60 actividades e presenta artistas de gran prestixio e actualidade como Rosa, La Oreja de Van Gogh, Coti ou Joaquín Cortés, entre outros.
EIXO ATLÁNTICO
Unha serie documental analiza o Eixo Atlántico como polo de desenvolvemento
O proxecto audiovisual aborda a evolución da Eurorexión Atlántica.
FESTAS
Variedade de sons e estilos para unha nova edición das Festas do Apóstolo
O pregón na Praza do Obradoiro e a actuación da cantante Rosa a continuación dará inicio ás Festas do Apóstolo 2006 a noite do venres 14 de xullo. Os composteláns están chamados a gozar de 18 xornadas festivas cheas de animación nas rúas e de actuacións para os máis diversos gustos. La Oreja de Van Gogh, Coti, Amparanoia ou Joaquín Cortés son só algúns dos artistas que pasarán pola cidade durante estes días.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e a Consellería de Medio Ambiente asinan un convenio para o saneamento integral de 25 núcleos do municipio
O protocolo asinado polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e o alcalde compostelán garante o saneamento estructural dos núcleos rurais en tres anos.
EDUCACIÓN
Estadía de educación ambiental nun albergue rural de Arbo
Do 6 ao 12 de xullo e do 17 ao 23 de xullo un grupo de nenos disfrutará do albergue rural de O Coto, en Arbo, nunha actividade organizada pola Concellería de Educación co apoio da Sociedade Cooperativa Galega.
TURISMO
Turismo de Santiago ofrece este verán visitas guiadas polos conventos
Entre o 4 de xullo ao 30 setembro cidadáns e turistas poderán disfrutar de dous novos servizos de Turismo de Santiago: as visitas guiadas polos conventos e os percorridos pola arquitectura contemporánea, que se engaden a outros produtos xa consolidados, como as visitas en inglés, o audiowalk e as excursións por Galicia.
TRANSPORTES
A liña que vai á Peregrina e Grixoa cambia de autobús
A Praza do Obradoiro acolleu a presentación do novo autobús que cubrirá a liña que vai dende a Porta do Camiño á Peregrina e Grixoa. Este novo vehículo vén a dar cumprimento ao acordo polo que, dende o 1 de xullo, a empresa Autos Carballo presta este servizo de transporte, no marco do Plan de Transporte Comarcal.