EMIGRACIÓN
Compostela dá a benvida a un grupo de emigrantes de visita en Galicia
Un grupo de emigrantes teñen a oportunidade de visitar a súa terra de orixe durante estes días. Grazas ao programa "Volver á casa", os beneficiarios poden achegarse a Galicia para vivir unhas vacacións e atoparse cos seus familiares e cun lugar natal do que en, nalgúns casos, levan lonxe máis de 60 anos. Estes emigrantes pasaron polo Concello de Santiago, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e pola concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez.
EDUCACIÓN
Ferradura Aberta comeza o martes con novas actividades
Entre o 11 e o 28 de xullo a Alameda de Santiago ten a súa cita anual con Ferradura Aberta. A decimoterceira edición do programa, que organiza o departamento de Educación, desenvolverase todas as tardes de luns a venres e incluirá un espazo para os pais.
MEDIO AMBIENTE
En marcha a campaña "Ecocomercio"
Máis de 1.000 comercios do Ensanche e do Casco Histórico están xa a beneficiarse da campaña "Ecocomercio", unha iniciativa dirixida a sensibilizar aos comerciantes do municipio sobre a importancia da recuperación dos envases de papel e de cartón que xeran na súa actividade e a facilitarlles a recollida deste tipo de envases. O proxecto, desenvolvido polo Concello de Santiago, en colaboración con Ecoembes e Aspapel, prolongarase arredor de tres semanas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O financiamento das empresas de economía social, a debate no Auditorio
Santiago de Compostela acolle o primeiro dos seminarios temáticos previstos no plan de traballo transnacional do proxecto "Compostela Social. Talleres de Empresarios/as para a Inserción Sociolaboral". O encontro, que se celebra o luns 10 e o martes 11, aborda o tema dos instrumentos de financiamento para as empresas de economía social.
FUNDACIÓN GRANELL
"Santiago no Museo Granell": viaxe a través de diferentes interpretacións da figura do Apóstolo
O segundo andar do Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, acolle a exposición "Santiago no Museo Granell". A través de pezas en formatos e técnicas diferentes, a mostra propón unha pequena viaxe a través da ollada que diferentes culturas fan da icona cultural da nosa cidade, o Apóstolo Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
Apróbase a modificación do proxecto de urbanización das rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracido
A Xunta de Goberno Local, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou a modificación do proxecto de reurbanización das rúas Diego de Muros e Rodríguez Carracido, nos tramos non afectados polo aparcadoiro soterrado da Praza Roxa. Con este cambio, o orzamento do proxecto queda en 449.589 euros.
CONSORCIO DA CIDADE
O Consorcio subvencionará obras de mantemento de edificios no casco histórico
Un innovador proxecto de rehabilitación de ventás e galerías posibilita este programa de axudas aberto ata o día 30 de de xullo.
OCiHR
Santiago reúnese en Brasil cos socios do proxecto Pagus-Al 2
A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, e o arquitecto responsábel da Oficina Municipal de Conservación e Rehabilitación da Cidade Histórica, Javier Fernández, viaxarán a Olinda, en Brasil, para reunirse cos socios do proxecto "Pagus-Al 2", dentro do Programa Urb-Al.
CULTURA
A actuación de Europa Galante e Fabio Biondi abre o festival "Vía Stellae"
O I Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, "Vía Stellae", bota a andar o mércores 5 de xullo cun concerto de Europa Galante e Fabio Biondi no Auditorio de Galicia. Entre o 5 e o 25 de xullo, este encontro difundirá a música clásica a través de 43 concertos en Santiago e en varias cidades polas que transcorren as rotas xacobeas.
TURISMO
Volven ás rúas os ‘chaquetas vermellas’
Turismo de Santiago, en colaboración coa Oficina de Voluntariado e o Consello Social da Universidade de Santiago, reforza os seus servizos de información en temporada cos ‘chaquetas vermellas’, que estarán nas rúas compostelás ata o 27 de agosto.