ALCALDÍA
Sánchez Bugallo será o primeiro alcalde de Galicia en entrevistarse con Touriño
O vindeiro luns 12 de setembro, o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, recibirá ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para abordar "os grandes temas da cidade", segundo anunciou o rexedor da cidade.
TRANSPORTES
O luns 12 os autobuses urbanos funcionarán co novo horario de inverno
O concelleiro de Transportes, Xaquín Leiceaga, anunciou que non hai moitos cambious nin se introduciron modificacións arbitrarias porque podería afectar ao uso e porque, actulamente, está aberto o proceso de elección da empresa pública que levará este servizo.
FUNDACIÓN GRANELL
"Revelación profana" únese ao ciclo de Surrealismo Internacionl
O 14 de setembro inaugúrase a exposición "Revelación profana", do grupo surrealista de Leeds, que permanecerá aberta ata o 17 de outubro. Esta mostra forma parte do ciclo de surrealismo internacional co que a Fundación pretende constatar a vixencia do corpus estético do Surrealismo, non só a nivel galego e estatal, senón tamén a nivel internacional.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais de Santiago organizan unha viaxe a Cantabria
A Rede de Centros Socioculturais de Santiago programa para os días 9, 10 e 11 de setembro unha viaxe por Cantabria destinada a familias con nenos pequenos e adolescentes.
ALCALDÍA
Santiago Carrillo na Casa do Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o xoves 8 de setembro a visita de Santiago Carrillo, ex secretario xeral do Partido Comunista de España (PCE), que se atopa en Galicia debido á homenaxe que recibirá o venres 9 en Ferrol, organizada pola Asociación Cultural Fuco Buxán e a Fundación 10 de Marzo de CC.OO.
ALCALDÍA
A presidenta da Asociación de Viúvas de Santiago visita a Sánchez Bugallo
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o mércores 7 de setembro á Presidenta da Asociación da Viúvas de Santiago, Pastora Nieto.
ALCALDÍA
Monbús-Castromil presenta 45 novos autobuses na Praza do Obradoiro
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu na Praza do Obradoiro á presentación dos novos autobuses da empresa Monbús-Castromil, acto no que tamén estivo presente o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.
TURISMO
Compostela inicia este outono a súa promoción turística en China e Xapón
Turismo de Santiago emprenderá este outono accións de comercialización turística que ‘venderán’ a imaxe da cidade por vez primeira en mercados como China e Xapón, e afianzará a súa posición noutros mercados máis maduros, como Alemaña e o Reino Unido, coa colaboración de Turespaña, Turgalicia e o grupo Cidades Patrimonio da Humanidade Españolas.
TURISMO
Os hoteis composteláns rexistraron en agosto trece mil pernoctacións máis que en 2003
As estatísticas turísticas de agosto, presentadas polo concelleiro Francisco Candela, confirman as expectativas formuladas a principios de ano: os indicadores de actividade son claramente superiores aos de 2003, cun alto compoñente de turismo estranxeiro que contribúe ao crecemento e auxe do sector.
DEPORTES
Ábrese o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais
O departamento de Deportes abriu desde o luns 5 de setembro e ata o vindeiro 16 de setembro o prazo para pedir o uso das instalacións dos Pavillóns Municipais, do Campo de Fútbol das Cancelas e das Pistas de Atletismo do Estadio de San Lázaro para o periodo comprendido entre o 1 de outubro de 2005 e o 30 de xuño de 2006.