CULTURA
María do Cebreiro publica "O barrio das chinesas", dentro da colección "Poeta en Compostela"
O acto literario de presentación será conducido polo poeta Paulo Vázquez e ademais da autora recitarán, entre outros Nerea de Valenzuela, Cristina Villarmea, Roberto Sanmartín, Carlos Caneda, Lupe Gómez, Abe Rábade, Roi Vidal e David Pérez Iglesias.
ALCALDÍA
O xeneral de Brigada da Garda Civil despídese do alcalde
Sánchez Bugallo recibiu esta mañá ao Xeneral de Brigada da Garda Civil, José Luis García Sánchez.
EDUCACIÓN
Escolares de Santiago celebran mañá o Correlingua
A carreira pola lingua chegará o xoves 12 de maio a Compostela e nela participarán centos de nenos e nenas dos colexios da comarca.
TRAPSA
Entregáronse os premios do Primeiro Concurso de Relatos Curtos
A cafetería do Hostal dos Reis Católicos acolleu a entrega dos premios do Primeiro Concurso de Relatos Curtos, nun acto ao que asistiron o concelleiro de Transportes, representantes de Tussa e de Trapsa e os membros do xurado Bieito Iglesias e Dolores Vilavedra.
CULTURA
Pedro Halffter dirixirá á Real Filharmonía de Galicia o xoves 12
Interpretará obras de D. del Puerto, S. Prokofiev e F. Schubert. Como solista estará o violinista Frank Peter Zimmermann.
RELACIÓNS VECIÑAIS E POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Nova versión do programa Xestora
O Departamento de Relacións Veciñais e Política Lingüística presentou unha nova versión da ferramenta informática Xestora, que facilita a xestión das entidades sen ánimo de lucro consonte á normativa en vigor que afecta ás asociacións
TRAPSA
Mañá entréganse os premios do Primeiro Concurso de Relatos Curtos
Os traballos galardoados recolleranse nun libro que se entregará gratuitamente no transporte público o Día das Letras Galegas.
CONSELLO DE CAPITALIDADE
Compostela percibirá 2 millóns de euros na súa condición de capital de Galicia
O Alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción polo transcurso do Consello de Capitalidade celebrado o martes, 10 de maio, e no que se acordara unha aportación de 2 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia á capital da nosa comunidade durante o ano 2005,
CONSELLO DA CAPITALIDADE
O Consello de Capitalidade debatirá o financiamento de Compostela para o ano 2005
O Consello de Capitalidade abordará o martes, 10 de maio, a aportación específica da Xunta de Galicia Santiago de Compostela durante o presente ano pola súa condición de capital da Galicia. Presidida polo Presidente da Xunta, Manuel Fraga Iribarne, a sesión do Consello desenvolverase no Pazo de Raxoi.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O escultor Anxo Vilaronga expón o seu traballo na Trisca
O Centro Sociocultural A Trisca acollerá o martes 10 de maio ás oito da tarde a inauguración da exposición de escultura "Bosquexos da Realidade Aparente" de Anxo Vilaronga, un mozo santiagués de 26 anos.