CENTROS SOCIOCULTURAIS
O novo Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche dinamizará o barrio máis populoso da cidade
Coa asistencia do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o Director Xeral de Caixa Galicia, Xosé Luís Méndez, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou o Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, sito na rúa Frei Rosendo Salvado.
ALCALDÍA
José María Fenollera terá unha rúa en Compostela
O alcalde compostelán presidiu o acto de homenaxe ao pintor e intelectual José María Fenollera. Xosé A. Sánchez Bugallo, descubriu unha placa no seu recordo na sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), na rúa do Vilar, onde tivera a súa casa durante a súa estancia en Santiago. Ademais, anunciou que o pintor contará cunha rúa en Compostela.
SOLIDARIEDADE
Marián Araujo, Panxea e a Asociación de Celíacos de Galicia recolleron os Premios Vagalume 2006 polo seu labor social
Os gañadores da edición 2006 dos Premios Vagalume recolleron os seus galardóns nun acto celebrado no Pazo de Raxoi e presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Marián Araujo Muíños, a Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea e a Asociación de Celíacos de Galicia (ACEGA) viron así recoñecido o seu labor social na cidade.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
Unha conferencia de Albert Cuchí clausurou a Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación
O Paraninfo da Universidade acolleu o peche da segunda edición da Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación, coa presentación dos oito proxectos que se desenvolveron durante o curso e unha conferencia do arquitecto e profesor titular da UPC Albert Cuchí.
ALCALDÍA
Os orzamentos de 2007, reflexo da "bonanza da situación" que atravesa o Concello
O alcalde sinalou que os orzamentos do Concello para o ano 2007, que se aprobarán no pleno municipal do día 28, supoñen un salto cualitativo para a cidade, posto que permitirán realizar "importantes operacións para a transformación da cidade".
PERSOAL
Despedida aos cinco traballadores que se xubilan este ano
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no mediodía do xoves 21 aos tres dos cinco traballadores do Concello que se xubilan este ano.
BENESTAR SOCIAL
Entrega de produtos imperecedoiros ao Cottolengo
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, visitaron o Cottolengo para facerlle entrega de produtos imperecedoiros.
FESTAS
Música e xogos nas prazas durante as festas do Nadal
A concellaría de Festas vén de presentar as actividades lúdicas previstas para este Nadal nas prazas da cidade. Música, xogos tradicionais, animación de rúa, un carteiro real e a cabalgata de Reis conforman o programa para estas festas.
ALCALDÍA
Dous novos libros promovidos pola Fundación Comarcal de Santiago poñen en valor o Camiño Portugués entre os máis pequenos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado dos rexedores de Ames, Carlos Fernández; Brión, José Luis García; e Teo, Armando Blando, encabezou o acto de presentación de dous novos libros que queren poñer en valor o camiño portugués entre os máis novos.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta por novos produtos e por unha intensa promoción no 2007
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, presentou en rolda de prensa as liñas que definirán o traballo turístico da capital galega o vindeiro ano. Nelas destaca a creación dun gran foro gastronómico anual que converterá a Santiago na capital da cociña atlántica; a mellora da accesibilidade ao patrimonio relixioso e a asistencia a preto de medio centenar de feiras e presentacións.